Vigo, Galicia
Política Vigo

Rueda llama en Vigo a los populares pontevedreses a “meter una marcha más” en la campaña del 29N para “cambiar el peor gobierno de la democracia”

●       O líder do PPdeG advirte de que “non caben medias tintas, hai que saír a mellorar resultados”, porque lograr “a máxima confianza dos galegos” será a “base” para encarar as municipais e o último terzo da lexislatura

●       O presidente provincial do PP de Pontevedra destaca que o partido está “activado e movilizado”, como demostrou o pasado sábado, e sinala que “todos os que queren cambio, teñen que votar” aos populares

. O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, fixo un chamamento a “meter unha marcha máis” na campaña das Eleccións Xerais do 29 de novembro, de tal xeito que “Galicia sexa o motor do cambio de España” e lograr o dobre obxectivo de “cambiar o peor goberno da democracia”, o de Pedro Sánchez, e que Alberto Núñez Feijóo sexa o próximo Presidente. Así o expuxo ante a Xunta Directiva Provincial do PP de Pontevedra, onde dixo aos populares pontevedreses de que non poden “confiarse nin dar nada por gañado”. “Nas xerais votamos todos: non só votan en Madrid ou Cataluña. Votan nas aldeas, votan nas vilas, votan nas cidades. E ese voto hai que traballalo”, lembrou.

Así o destacou durante a reunión que se celebrou na cidade de Vigo, que encabezou xunto ao presidente do partido na provincia, Luis López, e na que tamén participou a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e a presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez. Rueda apelou a “poñer en valor o modelo da estabilidade, do sentidiño, da política útil que representa Galicia e que representa o PP”, como “base” para obter “a máxima confianza dos galegos”. “Non caben medias tintas, hai que saír a mellorar resultados”, subliñou o presidente do PPdeG. Obter unha “confianza maioritaria” -sinalou- non só contribuirá ao “cambio en España”, senón que facilitará “seguir medrando nas municipais” de 2027 e afrontar “nas mellores condicións o último terzo da lexislatura”.

Rueda censurou que, tras “8 anos de despropósitos, un tras outro, que culminaron co desastre deses dous decretos trapalleiros de vivenda” que precipitaron a convocatoria electoral, “o balance do Goberno do Sánchez” resúmese en “promesas incumpridas, corrupción, improvisación” e “dano á reputación” de España. Un balance que “vitorean os socialistas galegos”, “sustentan os nacionalistas cos seus votos” e “do que son cómplices esa amalgama de partidos á esquerda do PSOE”.

Fronte ao modelo do “sanchismo”, contrapuxo “o de Galicia e o do PP”; o da “política real e útil” que permite “solucionar problemas” en lugar de “crealos”. O líder dos populares galegos puxo como exemplo a vivenda. “O Goberno central leva 8 anos mirando para o outro lado”, engadiu. Prometendo centos de miles de vivenda, das que non vimos nin unha”, criticou. Galicia, en cambio, púxose “mans a obra, literalmente”, comprometendo 4.000 vivendas públicas. “E xa superamos esa cifra, todas en marcha”, celebrou. Son case 1.000 en Vigo, máis de 300 na cidade de Pontevedra e 225 máis en toda a provincia -Lalín, A Estrada, Vilagarcía de Arousa, Sanxenxo, Baiona, Bueu, O Porriño e Mos-.

Ademais da vivenda, Rueda puxo o acento en que Galicia volverá a contar en 2027 con Orzamentos, os máis altos da historia este ano, e sen recorrer o endebedamento por cuarto ano consecutivo; no plan de reforma da atención primaria, “que ata os médicos aplaudiron”; e no “acordo histórico” que supuxo a aprobación da actualización do Plan xeral de normalización da lingua galega, do que só se desmarcou o BNG, “que pretende apoderarse dun patrimonio que é de todos”.

Rueda llama en Vigo a los populares pontevedreses a “meter una marcha más” en la campaña del 29N para “cambiar el peor gobierno de la democracia”
Rueda llama en Vigo a los populares pontevedreses a “meter una marcha más” en la campaña del 29N para “cambiar el peor gobierno de la democracia”

Deja una respuesta

Hide picture