Vigo, Galicia
Vigo

Luisa Sánchez «PPdeVigo» propone revisar y reformular los presupuestos municipales para 2027, centrándose en la vivienda y en la mejora de los barrios y las parroquias.

· A presidenta do PP de Vigo subliña que os investimentos son os mesmos ano tras ano co agravante de que agora algúns aparecen pagados con fondos propios tras perder partidas europeas por non executarse a tempo

· O PP propón unha emenda á totalidade e un texto alternativo con 4,2 millóns de euros máis en partidas de vivenda, con 2,8 millóns para actuacións fóra do centro e que salda a débeda cos comuneiros de Teis

A presidenta do Partido Popular de Vigo, Luisa Sánchez, anunciou este luns á emenda á totalidade presentada polo seu grupo aos orzamentos municipais do 2027, que iniciaron o mes pasado a súa tramitación administrativa. “O orzamento municipal de Vigo non responde ás necesidades reais da nosa cidade polo que consideramos que debe ser devolto e reformulado”, apuntou.

A emenda do PP de Vigo propón un texto alternativo no que se inclúen melloras en vivenda, infraestruturas deportivas, política social e unha maior atención para os barrios e parroquias, entre outros xa que o documento actual “é unha copia dos exercicios anteriores, con investimentos que se repiten ano tras ano e sen incorporar nin unha soa estratexia nova fronte aos problemas que máis preocupan aos vigueses”, aseverou.

Luisa Sánchez subliña que o orzamento “se limita a cumprir co único obxectivo de ser cada ano máis elevado co anterior, mentres que ao mesmo tempo o goberno local demostra ser absolutamente incapaz de levalo a cabo”. No último exercicio pechado, de 2025, a execución dos investimentos foi de apenas un 23 por cento, o que explica, aseverou a líder do PP de Vigo, que as actuacións consignadas nos investimentos sexan as mesmas dende fai anos.

A todo isto se lle engade o agravante de que proxectos que recibían fondos externos os perderon por non executarse en tempo e forma, polo que agora esas mesmas actuacións seguen no orzamento, pero pagadas con fondos propios. É o caso, precisou a dirixente popular, da reforma do mercado de Teis, que perdeu 700.000 euros, ou a humanización da rúa Pazo e a mellora paisaxística de Bouzas, dúas

iniciativas incluídas nunha axuda europea de 2 millóns de euros da que se tiveron que devolver 1,5 millóns.

A VIVENDA TEN QUE SER O EIXO CENTRAL DO ORZAMENTO

A presidenta do PP de Vigo remarca que a vivenda ten que ser o eixo central do orzamento e por iso propón 4,2 millóns máis para que a Xerencia de Urbanismo “conte con partidas suficientes” para expropiacións (1,2 millóns de euros) ou a adquisición de bens para o Patrimonio Municipal do Solo (2 millóns). No documento actual, esas partidas contan con 50.000 e 10.000 euros, respectivamente. Ademais, no que atinxe a vivenda, tamén propón aumentar as partidas dos programas para a adecuación de vivendas e a de axudas ao alugueiro.

En todo caso, Luisa Sánchez recalcou que o PP de Vigo non renuncia a súa proposta de destinar 60 millóns de euros dos remanentes para “dar un impulso maior á vivenda na cidade” e por iso adiantou que no primeiro trimestre do ano volverá a pór sobre a mesa esta iniciativa, coincidindo coa modificación de crédito que permitirá o uso de ditos remanentes.

“Ademais da vivenda, non podemos esquecernos dos barrios e parroquias, totalmente desatendidos por este goberno. Por iso propoñemos destinar 800.000 euros a un plan de construción e reparación de beirarrúas e dous millóns de euros máis para infraestruturas e actuacións de mellora do espazo público fóra do centro urbano, alí onde se concentran as maiores carencias”, proseguiu.

O texto alternativo rexistrado polo PP de Vigo aos orzamentos do vindeiro ano tamén inclúe 500.000 euros máis para a mellora das instalacións deportivas municipais, 275.000 euros para políticas sociais e 600.000 euros para cubrición de patios de colexios, entre outras.

“Non nos esquecemos tampouco dunha demanda histórica dos comuneiros de Teis, que agardan dende o ano 2009 a que o Concello lles pague un canon por VigoNature, que se atopa en solo comunal. Propoñemos comezar a saldar esa débeda no orzamento do vindeiro ano”, concluíu.

Deja una respuesta

Hide picture