Vigo, Galicia
Vigo

Luisa Sánchez «PPdeVigo» insta a Caballero a dar explicaciones y pedir perdón tras la sentencia que obliga al Ayuntamiento a pagar 4,6 M por incumplir con el mantenimiento del puerto

· A presidenta do PP de Vigo sinala que a resolución só se centra na contía económica porque xa quedou constatado en sentenzas anteriores que o Concello non cumpriu co seu deber de conservación e mantemento

· “É unha constante deste goberno local: o mantemento é o gran esquecido dun Caballero máis pendente de inaugurar, de facerse fotos e de anunciar proxectos que de conservar axeitadamente o que xa existe”, lamenta

video
play-sharp-fill

A presidenta do Partido Popular de Vigo instou a Abel Caballero a dar explicacións e pedir desculpas tras unha nova sentencia que condena ao Concello de Vigo a pagar 4,58 millóns de euros ao Porto de Vigo por incumprir coa súa obriga de manter os espazos portuarios. “Debería dar explicacións porque estamos a falar dunha obriga de mantemento que o Concello incumpriu durante anos. E pedir perdón porque a falta de conservación deses espazos está directamente relacionada cun dos episodios máis graves que viviu a nosa cidade: o accidente do Marisquiño”, aseverou.

A líder local do PP cualificou como “demoledora” a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), coñecida esta semana, que condena ao Concello a abonar ao Porto 4,58 millóns de euros, máis os correspondentes intereses legais, polos danos e prexuízos derivados do incumprimento municipal das obrigas de mantemento asumidas no convenio Abrir Vigo al Mar. Un “incumprimento” que, recalcou, “cústalles aos vigueses 4,58 millóns de euros, máis xuros e máis custas”.

Luisa Sánchez apuntou que a resolución xudicial “é contundente porque deixa claro que non hai debate sobre a obriga do Concello de manter eses espazos”. “Non estamos a falar de interpretacións nin de discrepancias entre administracións. Estamos a falar dunha obriga recoñecida xudicialmente que Caballero incumpriu”, insistiu.

De feito, a resolución di expresamente que “non procede reabrir o tema referente á obriga do Concello de manter o ámbito e cal era o alcance dese deber, posto que se trata de cuestións xa resoltas”. E engade que “o deber xa foi declarado en sentenza firme, con efecto de cousa xulgada”. Polo tanto, a sentenza remarca que o debate

tan só se debe centrar agora nos importes económicos que debe asumir o Concello polos seus incumprimentos.

Como consecuencia desa falta de mantemento, en 2018 colapsou o paseo de madeira das Avenidas, un accidente no que resultaron feridas 467 persoas. “Caballero ten que deixar de mirar para outro lado. Ten que explicar por que incumpriu os seus compromisos e ten que pedirlles perdón ás centos de persoas que resultaron feridas -e que por sorte só resultaron feridas- naquel accidente”, subliñou.

A FALTA DE MANTEMENTO É UNHA “CONSTANTE” DE CABALLERO

A falta de mantemento é unha “constante” do goberno local, afirmou a presidenta do PP de Vigo. “O mantemento é o gran esquecido dun Caballero máis pendente de inaugurar, facerse fotos e anunciar proxectos que de conservar axeitadamente o que xa existe”, aseverou.

De feito, indicou que os problemas derivados da falta de conservación non só afectan aos espazos portuarios, senón ao resto da cidade. “En rúas, ascensores e, peor aínda, nos colexios”, enumerou a líder da oposición, que citou o caso do colexio Celso Emilio Ferreiro e os problemas da súa cuberta, derivados do deixamento municipal no mantemento durante anos.

“A falta de mantemento agravou o deterioro da cuberta e houbo que substituíla por competo. É precisamente o tipo de situación que se produce cando se deixan pasar os anos sen realizar as tarefas de conservación que corresponden”, lamentou Luisa Sánchez, que recordou que o mantemento dos centros de Educación Infantil e Primaria é, por lei, unha responsabilidade municipal e que “non se pode agardar a que aparezan problemas graves para actuar”.

“O Marisquiño, Abrir Vigo ao Mar e os centros educativos son exemplos dunha mesma forma de desgoberno que merece unha explicación: que fai este alcalde coa súa obriga de mantemento?”, concluíu.

Deja una respuesta

Hide picture