Vigo, Galicia
Vigo

Luisa Sánchez «PPdeVigo» pide a Caballero que aclare si se va a multar en las Zonas de Bajas Emisiones después de que Pedro Sánchez le hubiera instado a hacerlo lo antes posible

· A presidenta do PP de Vigo lembra que o Goberno aprobou unha normativa para apremar aos concellos a que sancionen: “Caballero ten que elixir entre as ordes do seu xefe e os intereses dos vigueses

· “Case dous meses despois de entrar en vigor a ordenanza, sen previo aviso, aínda non está operativa a plataforma online para poder tramitar os permisos de acceso ás distintas zonas”, explicou a líder da oposición

5 de novembro de 2026. A presidenta do Partido Popular de Vigo, Luisa Sánchez, pide a Abel Caballero que aclare se vai a cumprir coa súa palabra de non multar nas Zonas de Baixas Emisións ou vai a obedecer a orde de Pedro Sánchez de que as sancións se inicien canto antes. “A esixencia do Goberno de España instando aos concellos a multar de inmediato desmonta por completo o relato do alcalde socialista”, aseverou.

O PP de Vigo, lembrou a presidenta local, xa advertiu en numerosas ocasións que Caballero “estaba enganando con este asunto aos vigueses dende o primeiro momento”. “E agora é o seu amigo Pedro Sánchez quen lle desminte, urxíndolle a multar aos vigueses que se salten as restricións”, sinalou.

As multas por non cumprir coa normativa das ZBE ascenden a 200 euros, polo que Luisa Sánchez instou ao rexedor socialista que aclare canto antes a súa postura. “Vai a sancionar aos cidadáns e a incumprir a súa palabra? Vai a satisfacer os desexos do seu adorado Pedro Sánchez e vai multar aos vigueses?”, inquiriu.

A presidenta local do PP lembrou que o Consello de Ministros aprobou esta semana unha modificación do real decreto que regula as ZBE no que insta aos municipios a aplicar as medidas sancionadoras. “Dende logo, vaia despedida de Pedro Sánchez da Moncloa… e agora Caballero ten que elixir entre as ordes do seu xefe e os intereses dos vigueses”, subliñou.

Ao respecto, Luisa Sánchez cualificou como “caótica” a implantación e a posta en funcionamento das Zonas de Baixas Emisións na cidade de Vigo, que provoca un gran “desconcerto” entre os cidadáns.

“Queremos que o alcalde aclare canto antes como vai a afectar a orde de multar do Goberno central á ordenanza viguesa”, instou.

“Non pode ser que Caballero dea unha vez máis a calada por resposta, como fai cando se ten que enfrontar a un asunto delicado. O silencio é inadmisible. Ten que dar a cara e ofrecer certezas aos vigueses”, remarcou.

A ORDENANZA ENTROU EN VIGOR SEN PREVIO AVISO

Como exemplo, a presidenta do PP de Vigo citou a falta de comunicación previa da posta en marcha das ZBE ou a ausencia da plataforma para que os condutores poidan xestionar os permisos.

“Case dous meses despois de entrar en vigor a ordenanza con nocturnidade, aleivosía e sen previo aviso, aínda non está operativa a plataforma online para poder tramitar os permisos de acceso ás distintas zonas”, explicou. A ordenanza das ZBE establece dous meses como máximo para a posta en marcha dese sistema, un prazo que acaba o vindeiro martes, 10 de novembro.

Deja una respuesta