Vigo, Galicia
General Vigo

Marta Fernández-Tapias reclama al gobierno central que atienda las necesidades de Vigo: “salida sur y Stellatis son claves para la ciudad”

  • A delegada territorial da Xunta en Vigo lamenta os “permanentes agravios” á cidade en asuntos de “máxima importancia” para a economía e o emprego

“É incomprensible que o Goberno poña en risco a Stellantis ao quedarse fóra do reparto dos fondos Perte así como a falta de avances na liña férrea con Portugal»

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, lamentou este luns que o Goberno central non atenda as necesidades da cidade en temas de máxima importancia como a automoción e as infraestruturas. “Asuntos como a saída sur con Portugal ou o Perte de Stellantis son claves para a economía e o emprego”, apuntou.

A representante autonómica saíu ao paso en primeiro lugar ante as novas informacións coñecidas nas últimas horas sobre a situación da liña férrea que Portugal xa ten en marcha. “O ministro de Infraestruturas de Portugal está alarmado pola falta de avances de España no saída sur de Vigo e esperamos que o Goberno entenda a importancia que supón para Galicia o impulso da alta velocidade entre os dous territorios e impulse de maneira decidida o AVE Vigo-Porto”, sinalaou.

Neste sentido, Fernández-Tapias reclama así que o Goberno de España impulse o AVE Vigo-Porto coa mesma intensidade que o está facendo o Executivo luso na parte portuguesa. “Hai que aproveitar a oportunidade extraordinaria que supoñen os fondos europeos de reconstrución, esperamos un impulso decidido por parte do Ministerio de Transportes, que aínda está co estudo de alternativas, e que este sexa un primeiro paso para que presente unha planificación completa de obras e investimentos”, engadiu.

Respecto ás demandas de Stellantis, a delegada da Xunta considera “incomprensible” que o Goberno poña en risco a continuidade da factoría en Vigo ao quedar fóra dos fondos Perte. “A cidade acolle ao principal fabricante de vehículos do país (23% en 2021), o que repercute directamente na industria auxiliar e en miles de empregos”, sinalou.

Da mesma forma, apunta que o Goberno actúa desde a “improvisación” e sen consultar ás CCAA para establecer criterios que nos permitan competir en igualdade de condicións. “O Goberno prestou máis atención a apoiar proxectos de fábrica de baterías na costa mediterránea -Sagunto e Estremadura- que a configurar un Perte que realmente se axuste ás necesidades deste sector estratéxico para a economía de España, Galicia e Vigo”, conclúe.

Deja una respuesta