Vigo, Galicia
Vigo

Luisa Sánchez «PPdeVigo» insta a Abel Caballero la aclarar se permitirá recuperar para las entidades de Vigo el proyecto del centro de asociacionismo de la calle Lalín

video
play-sharp-fill

· A líder local do PP chama ao rexedor socialista a “acatar” a sentenza e anuncia que, en canto sexa firme, solicitará á Xunta “recuperar o proxecto para que Vigo sexa de novo un referente do movemento asociativo”

· “Entre os impedimentos que pon á Xunta e a Deputación de Pontevedra, Caballero ten bloqueados investimentos en Vigo que suman case 90 millóns de euros”, advertiu a portavoz municipal popular

. A presidenta do Partido Popular de Vigo, Luisa Sánchez, mostrou a súa satisfacción pola sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que anula a suspensión da licencia municipal para construír o centro de asociacionismo nos antigos xulgados da rúa Lalín. “É unha magnífica noticia para Vigo e unha vitoria para as asociación da nosa cidade e para os veciños que volven a albergar esperanzas de que este inmoble abandonado dea paso a un proxecto que encherá de vida o barrio. Por iso quero instar a Abel Caballero a acatar a sentenza”, subliñou.

Ante os medios de comunicación, a líder da oposición reclamou a Caballero a “priorizar o interese da cidade en lugar dos seus intereses partidistas. Vigo o merece”. “Non coñezo a ningún alcalde que rexeite investimentos na súa cidade, dende logo eu xamais o faría”, afirmou.

Luisa Sánchez lembrou que nin o alcalde nin ningún outro integrante do goberno local fixeron aínda unha valoración pública ao respecto desta decisión xudicial que permitiría rescatar un investimento de 20 millóns de euros para Vigo por parte da Xunta de Galicia para rehabilitar os antigos xulgados.

“O seu silencio sobre este asunto é atronador. E ten que falar porque ten que aclarar se quere ou non 20 millóns para Vigo. Está a tempo de rectificar e deixar de prexudicar a nosa cidade”, insistiu.

“As asociacións recobraron a ilusión e dende logo eu tamén. Tan pronto como a sentenza sexa firme, reclamarei á Xunta que recupere este proxecto que permitirá que a nosa cidade volva ser un referente do movemento asociativo”, avanzou.

Neste sentido, a portavoz popular recordou que, tras a suspensión da licencia, ela mesma propuxo como alternativa que o centro de asociacionismo se fixera na vella estación de autobuses da Avenida de Madrid, para non perder deste xeito o investimento consignado polo goberno autonómico. Unha iniciativa que foi rapidamente rexeitada polo alcalde.

“O problema é o de sempre e se chama Abel Caballero. É o único impedimento para que calquera proxecto salga adiante nesta cidade. Sexan partidas de 20 millóns de euros, unha carreira benéfica ou un festival alternativo nun parque forestal. Impón un veto a todo aquilo do que non pode apropiarse”, manifestou.

INVESTIMENTOS BLOQUEADOS

Luisa Sánchez subliñou que este mércores, a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, lembraba que xa son 78 millóns de euros os bloqueados polo alcalde nos últimos anos, provocando “un enorme dano á cidade, que segue á espera do túnel de Elduayen, do desenvolvemento da ETEA ou a renovación das pistas de atletismo, entre moitos outros”.

“Por desgraza, eu tamén sei o que é ver como se perden investimentos xa que nestes momentos, o alcalde está poñendo en risco 10 millóns correspondentes a 2026 e 2027”, dixo a presidenta local do PP, quen aseverou que “entre os impedimentos que pon á Xunta e a Deputación de Pontevedra, Caballero ten bloqueados investimentos en Vigo que suman case 90 millóns”.

“Ínstolle a recapacitar. O que podo dicir, e el non, é que eu xamais renunciarei a unha inversión na miña cidade, proveña de quen proveña. Comigo, Vigo tería agora mesmo 90 millóns de euros máis garantidos. E para que nos situemos, agora que se fala tanto de vivenda: con 90 millóns de euros se poden construír en torno a 450 vivendas de promoción pública”, concluíu.

Deja una respuesta

Hide picture