- O secretario xeral da agrupación, Alberto Fuentes; a deputada electa Marta Mariño; a concelleira Luisa Sánchez; a coordinadora xeral, Montserrat Otero; e militantes como Borja Fontán e Rosa Estévez conforman a propostatrasladada polo PP local, que conta con beneplácito da direccións provincial e autonómica
- Luis López agradeceu o traballo liderado por Marta Fernández-Tapias, “que foi clave para subir 31.400 votos en Vigo no conxunto das tres eleccións celebradas no último ano” e amosou a súa confianza en que este equipo “conseguirá ampliar máis a base social entre os vigueses”
Ana Ortiz, delegada territorial da Xunta en Vigo en funcións, vai presidir a nova Xunta Xestora do PP nacidade, na que estará acompañada por outros seis membros, entre os que figuran cargos orgánicos e destacados militantes, e que está aberta a novas incorporacións para seguir facendo medrar o proxecto do partido en Vigo.
“Ana Ortiz é unhapersoamoi querida, coñecida e recoñecida en Vigo e que destaca especialmente polasúa enorme capacidade de traballo, talento e cercanía, como demostrouao longo da súa dilatada traxectoria política e, especialmentenestes últimos tempos, nos que está volcada nacidade, polo que cremos que é a persoa idónea para pilotar esta nova etapa no PP local”, significou o presidente provincial, Luis López.
Ademais da presidenta, a Xunta Xestoratamén estará conformada polo secretario xeral da agrupación local e secretario xeral técnico en funcións da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, Alberto Fuentes; a deputada electa do PP Marta Mariño; a concelleira popular Luisa Sánchez; a coordinadora xeral do PP local, Montserrat Otero; e militantes de base como Borja Fontán, que concorreuna candidatura das últimas elecciónsmunicipais, e Rosa Estévez, que é acualmente a presidenta do distrito de Sárdoma.
“Estamos ante un equipo moi preparado, que coñece perfectamente a cidade e que encaixa do mellorxeito con este novo ciclo político en Galicia que se abre tras a primeiramaioría absoluta de Alfonso Rueda, pero ademais este grupo segueaberto a novas incorporacións, porque estamos moi ilusionados e non temos un minuto que perder, así que estamos dispostos a seguir sumando xente que queira defender aonoso partido para acadar canto antes o proxectogañador que lle queremos ofrecer a Vigo e aos vigueses”, apostillou Luis López, que engadiu que a conformación destaxestorafoiproposta polo PP local, e que conta con beneplácito da direccións provincial e autonómica. Finalmente, o presidente provincial quixo agradecer o “enorme traballo” liderado por Marta Fernández-Tapias, “que indiscutiblemente foi clave para incrementar moitísimo os nososapoiosnas tres eleccións celebradas no último ano, que no seuconxuntofoi de 31.400 votos máis e que rematou a súa andina comellor resultado electoral do PP na última década” e amosou a súa plena confianza en que o novo equipo “seguirá ensanchando a nosa base social e facendo medrar o nosoproxecto para os vigueses, que saben que poden confiar no Partido Popular para escoitalos, entendelos e atendelos”.