Abel Caballero volta a falar sen rigor nun discurso político manido e que cansa. Non é tolerable que cada dato real o vista de confrontación política contra a xestión ordenada e planificada que se fai para mellorar a vida dos vigueses e do seu entorno metropolitano.
É verdade que a presa de Eiras está un 9% por debaixo da media e que é un dato dos mais baixos históricos. Pero a previsión de consumo que el mesmo indica son 5 meses de autonomía. Alguén ten mais tempo garantido? Pero esta garantía non a conseguiu el, ocorre sobre todoporque se corrixiu a mala operación do seu sistema de abastecemento, cambiando as válvulas principais que abrían e cerraban e que parecía esperar a que romperan para de novo ter relato, ea ata niso tivo que participar a Xunta, porque a cidadanía está por enriba de buscar inimigo para facer xestión política.
Di tamén o alcalde que a Xunta lle quita 6 millóns de euros de canon de auga para outros. Parece que lle falla a memoria e non lembra que Augas de Galicia aportou a Vigo cofinanciamentopara as obras da nova EDAR aportando 75 millóns de euros. Tardaríase en recuperar máis de 12 anos, e iso se Augas de Galicia non tivera máis investimentos en Vigo. E houbo mais inversións na súa rede e crecendo esta cara ao Morrazo por poñer exemplo dalgunha actuación. Por elo, durante ese tempo son as demais cidades e pobos de Galicia as que están aportando fondos para financiar as infraestruturas de Vigo.Pero non pasa nada, é normal, porque logo será ao revés porque ao final o que se fai e equilibrar e distribuir. Iso é xestionar prioridades.
Nin falemos de que hai propostas para investimentos en materia de control de inundacións en Sárdoma e nas zonas dos parques empresariais e o Sr. Caballero parece que sigue a preferir un inimigo e que as empresas e os cidadans se aneguen a aceptar investimentos moi necesarios.
Pero ademais, di que Vigo decreta a prealerta. Os indicadores aínda non din iso. Hai un protocolo claro e medible e o que el proclama non o din os datos nin os técnicos, polo de agora. Quere anticiparse?, fagao coas medidas municipais, pero non diga que toma medidas como que os vigueses pechen os grifosmentras lavan os dentes. É de agradecer o fomento da concienciación cidadá, pero creo que os vigueses xa son responsables a os niveis de titoría que o alcalde pretende amosar.
Cal é o obxectivo entón? Ser a figura valedora contra os inimigos externos? Que son os galegos… ou conseguir ese embalse que non para de mencionar? Un embalse do que se falou cando Vigo consumía un 25% máis de auga.
Foi no 2019 e ate o 22 cando O Estado fixo un estudoconveniado con Augas nas que facía propostas. As facía cando As perdas de Vigo eran enormes e a potabilizadora funcionaba so ata medio embalse.E ainda así non concluía que se fixese un novo, tampouco que se trasvasase de áreas peores. Pero sr.Caballero, desde a Xunta non se di non, dise, estudiese ben, un embalse e complexo. Onde di o estado que un embalse sí con claridade? E en que ubicación?
Porque algo parece común, o sr.Caballeroquere facerse imprescindible poñendo el mesmo os problemas que despois di solucionar, pero sobre todo buscando un inimigo fora que non existe para ser o Cid de Vigo. Datos obxectivos? Ningún. Ubicacións? Fóra de Vigo.
