Vigo, Galicia
Vigo

La Xunta somete la información pública a 2ª fase del proyecto de humanización de la Avenida de Galicia que dará acceso a la vía verde y tendrá nuevos aparcamientos en Teis

A intervención suporá un investimento doutros 4 M€ tras a aprobación da primeira fase cun importe de 2,5 M€ para establecer medidas de calmado de tráfico

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade actuará nun treito de 1,56 quilómetros, que vai dende o límite municipal co concello de Redondela ata o IES de Teis

A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, destaca a actuación no barrio vigués que “permitirá a protección de peóns” nesta vía de acceso á cidade

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, anunciou a publicación este mércores no Diario Oficial de Galicia (DOG) do anuncio polo que se somete a información pública a segunda fase do proxecto de humanización da estrada PO-323, no Concello de Vigo. A actuación da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade nesta vía de entrada na cidade centrase no treito comprendido entre o límite municipal co municipio de Redondela ata o IES de Teis e suporá un investimento da Xunta de preto de 4 millóns de euros.

Trátase da segunda e última actuación na Avenida de Galicia despois de que o pasado 21 de outubro o DOG xa publicase a aprobación do proxecto da primeira fase, cun investimento de 2,5 millóns para o tramo de 500 metros que vai desde a avenida da Mariña Española ao IES de Teis.

“Estamos falando dunha actuación moi imortante para o barrio porque permitirá a protección de peóns nesta vía de acceso á cidade con característiscas moi urbanas”, sinalou Fernández-Tapias. Ademais, explicou que o que se persegue é o fomento da mobilidade segura e sostible, así como a mellorara da mobilidade interna na cidade de Vigo, para o que se realizarán conexións coa trama urbana de beiravías existentes e con itinerarios alternativos como a senda verde.

A obra inclúe a reposición de pavimento dos itinerarios existentes, a execución de zonas de aparcadoiros e a execución de pasos peonís sobreelevados nas interseccións que permitan a interconexión con outros itinerarios peonís. Nas zonas onde o espazo disponible o permite implantarase arbolado. Ademais, non se contemplan cambios sobre o trazado en planta, senon unha redistribución das seccións para habilitar itinerarios e os elementos funcionais, e tamen se mantén a rasante da estrada existente.

50 prazas máis

En canto aos novos aparcadoiros, está previsto habilitar tres zonas cun total de 200 prazas, de forma que haberá 50 máis respecto ás actuais. A superficie de aparcamento xerada terá un total de 5.879 metros cadrados e estarán situadas nos puntos quilométricos 2+747 a 2+850 (3.720 m²), 2+984 a 3+049 (776 m²) e 3+052 a 3+132 (1.383 m²). O DOG tamén publica a relación de bens, dereitos e propietarios afectados.

O prazo para presentar alegacións será de trinta días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (https://cutt.ly/zM4wiMO). A documentación

que compón o proxecto estará á disposición da cidadanía na sede central da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI).

Aprobación da primeira fase

A Xunta xa publicou o pasado 21 de outubro no Diario Oficial de Galicia (DOG) a aprobación da primeira fase do proxecto de construción da humanización da avenida de Galicia en Teis, no concello de Vigo, que suporá un investimento autonómico de preto de 2,5 M€.

Neste caso a previsión é licitar as obras neste último trimestre, para comezalas na primavera de 2023, dispoñendo para iso do investimento necesario nas contas de 2023. Intervirase nun treito de 500 metros no que se ampliarán as beirarrúas e se mellorará a accesibilidade

Deja una respuesta