Vigo, Galicia
Galicia General Vigo

La Xunta hace balance de las mejoras en equipamiento y infraestructura llevadas a cabo en el año 2022 en el área sanitario de Vigo

No hospital Meixoeiro destacaron as obras de reforma da instalación de Climatización, valoradas en 3,5 millóns de euros

No caso do hospital Álvaro Cunqueiro, o Executivo galego destinou xa máis de 2 millóns de euros á reforma de cinco unidades deste centro hospitalario

En Atención Primaria destaca a licitación do novo centro de saúde de Moraña por 9,3 millóns de euros, e a adxudicación das obras do CIS Olimpia Valencia por 14,2 millóns de euros

A Xunta de Galicia fai balance das melloras en equipamento e infraestruturas realizadas na área sanitaria de Vigo Así, continúa co desenvolvemento da construcción, ampliación e reforma dos seus centros sanitarios.

No que atinxe ao Hospital do Meixoeiro, en outubro de 2021 adxudicaronse as obras da reforma da instalación de Climatización por un importe de 3,5M€. Tralos traballos realizados durante o 2022, nestes momentos a obra atópase na fase final da execución, xa que durante o primeiro trimestre 2023 foi solicitada a ampliación deste prazo, por problemas de subministracións de equipos.

Neste mesmo centro hospitalario, en agosto de 2022 finalizaron as obras de cubrición das máquinas de climatización, unha actuación cuxo importe ascendeu até case os 281.000 euros. Ademais, o pasado mes de outubro adxudicouse a obra de ampliación da zona de controis dos bunkeres, por un importe de 77.083 euros.

Pola súa banda, no Hospital Alvaro Cunqueiro avanzouse en 5 proxectos de reforma e ampliación de varias unidades.

Nomeadamente, en setembro do ano 2022 foi adxudicada a redacción do proxecto básico, execución e dirección da Nova unidade de Rehabilitación cardíaca, por un importe de 24.805 euros. O investimento previsto para a obra ascende ate os 500.000 euros.

Nese mesmo mes, tamén se adxudicou a redacción do proxecto de reforma para a Nova unidade de Hospitalización a domicilio, por un valor de 22.890 euros, e cun importe de obra previsto de 500.000 €.

Xunto con elas, en novembro adxudicouse a obra da nova Unidade de enfermidades raras por 151.299 euros e, xa en decembro, ademais de licitarse as obras da nova Unidade de

hospitalización psiquiátrica infanto-xuvenil (1,4 millons), tamén se adxudicou a ampliación da Unidade de necropsias de anatomía patolóxica (453.972 euros).

No que respecta ao Plan de Infraestrtuturas de Atención Primaria, aprobado no Consello da Xunta en Outubro de 2021, durante o ano 2022 destacan na área sanitaria de Vigo, a licitación, en setembro do novo centro de saúde de Moraña, cuxo importe ascenderá até os 9,3 millóns de euros e; a recente adxudicación, en decembro, da obra de construción do novo CIS Olimpia Valencia de Vigo por importe de 14,2 millóns de euros.

Deja una respuesta

Hide picture