Vigo, Galicia
Vigo

La delegada de la Xunta supervisa el simulacro general de accidente aéreo en el Aeropuerto de Vigo.

Ana Ortiz presenciou desde o centro de coordinación de Peinador o traballo dos equipos de emerxencia e as forzas de seguridade

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo,, participou este mércores no simulacro xeral de accidente aéreo no Aeroporto de Vigo co obxectivo de avaliar os procedementos de actuación e coordinación para analizar a súa eficacia e comprobar o grao de coñecemento e integración dos diferentes colectivos implicados na atención dunha emerxencia aeroportuaria.

A representante autonómica supervisou o traballo que se levou a cabo desde o centro de coordinación de Aena para o despliegue dos equipos de emerxencia e as forzas de seguridade. Tras o aviso da saída de pista dunha aeronave que aterraba en Peinador, o Centro Integrado de Atención de Emerxencias 112 Galicia declarou a activación do Nivel 2 do Plan Territorial de Emerxencias de Galicia (Platerga), así como o Plan de Atención a Víctimas e Familiares.

No simulacro celebrado hoxe analizáronse os tempos de reacción e resposta de todos os colectivos implicados. O seu labor fundamental é garantir, por unha banda, a protección das vidas humanas e os bens que puidesen verse afectados por un incidente dese tipo e, por outro, a continuidade ou restablecemento da operatividade aeroportuaria.

Deja una respuesta

Hide picture