Vigo, Galicia
Galicia General

La delegada de la Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitó el taller forestal organizado por la Mancomunidad de Montes de Vigo y financiado por el Ejecutivo autonómico con más de 208.000 euros

  • A Xunta destina este ano un orzamento de 4,8 millóns de euros para os obradorios duais e os de formación para o emprego de persoas mozas da área territorial de Vigo

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitou hoxe ao alumnado que desde o pasado mes de novembro se forma no obradoiro forestal organizado pola Mancomunidade de Montes de Vigo co financiamento da Xunta.

Neste contexto a representante autonómica destacou a dobre dimensión dos programas formativos activados pola Consellería de Emprego e Igualdade, e nomeadamente dos obradoiros duais, cun alto nivel de inserción laboral de preto del 60% e “unha pegada tanxible na propia contorna”. “Experiencias formativas que teñen en conta a realidade social e económica de Galicia, adaptándose á demanda das empresas da contorna”, dixo, ao tempo no que salientou a simbioses entre formación e emprego como fórmula de éxito.

Concretamente neste obradoiro fórmanse 15 desempregados e desempregadas en tarefas de roza, repoboacións e infraestruturas forestais, recolección de froitos e sementes, tratamentos silvícolas e control de pragas e enfermidades. A achega da Xunta é de 208.167,60 euros e as actividades realízanse nos montes de Beade, Bembrive, Comesaña, Coruxo, Matamá, Saiáns e Valadares.

Neste contexto, Fernández-Tapias recordou que o Goberno galego destina este ano un orzamento de 4,8 millóns de euros ao financiamento de nove obradoiros duais de emprego en 11 concellos da área territorial de Vigo, que suporán a contratación de 172 persoas; e de 5 talleres de emprego para persoas mozas, que formarán e darán opción a traballar a 80 menores de 30 anos. colaborando coas entidades locais galegas para incrementar o emprego nos concellos.

Fernández-Tapias incidiu no obxectivo fixado de incrementar as oportunidades laborais dos galegos e galegas e mellorar a empregabilidade dos participantes ofrecéndolles unha formación para o emprego teórica e práctica de calidade da man de expertos, ao tempo no que se desenvolven actuacións de mellora en espazos públicos e prestación de servizos de interese xeral e social.

Os obradoiros duais son o Coidando Miñor, que Gondomar comparte con Nigrán e Baiona; o taller Sustentable que promoven Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño; o Granxa da Rúa de Cangas; o Labora V de Moaña; a segunda edición do Redondela Máis que Bela; o obradoiro Porriño Labora; a nova convocatoria do Vigo Capacita; o Somos Mos; e o obradoiro forestal nos montes vigueses a cargo da Mancomunidade.

Tal que como lembrou a delegada territorial, estes obradoiros duais súmanse aos cinco para persoas mozas nos concellos de Vigo (2), Redondela, Moaña e o Val Miñor, aos que o Executivo autonómico destina 1,8 millóns de euros na área territorial. Os participantes, ademais de recibir formación de calidade, contarán cun contrato de traballo de 12 meses de duración.

Thumbnail 20220210ObradoiroMancomunidadeMontesVigo3

Deja una respuesta