O Concello de Vigo comunicou hoxe á Deputación de Pontevedra e á Autoridade Portuaria que para poder instalar unha pantalla cinematográfica co fin de proxectar o partido de fútbol da selección española é necesario cumprir a normativa vixente da Xunta de Galicia (Decreto 124/2019, de 5 de setembro, polo que se aproba o Catálogo de Espectáculos Públicos, Actividades Recreativas e Establecementos abertos ao público da Comunidade Autónoma).
O Concello vese na obriga de lembrarlles ás dúas administracións que acelebración deste espectáculo público está suxeita ao réxime de declaración
responsable, que debería ter recibido e comprobado o Concello de Vigo noexercicio das súas competencias, de acordo co artigo 5.a da Lei 10/2017, de
27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia. Esta circunstancia non sucedeu ata o de agora.
Este trámite permite comprobar que a actividade cumpre cos requisitos establecidos na normativa e garantir as condicións de seguridade, accesibilidade e salubridade do público asistente. Amais, xunto a esadeclaración responsable deben achegar a documentación técnica relativa á
instalación desmontable (pantalla)
Desde o Concello lémbrase que xa no mes de xullo do ano 2024, xa remitira un requirimento nos mesmos termos que o presente, co fin de cumprir co
disposto na normativa e garantir a seguridade do público asistente a este evento.
Por tanto, o Concello viuse na obriga de advertir de que o espectáculo carece de autorización municipal e non se poderá levar a cabo mentres non
dean cumprimento aos requisitos previstos na lexislación vixente.
Vigo
El Concello de Vigo avisa a Diputación y Puerto que la pantalla para el partido de España no está autorizada
- julio 10, 2026
- 0 Comentarios
- hace 1 mes
