Vigo, Galicia
Política Vigo

El BNG de Vigo critica la presencia institucional del Ayuntamiento en las procesiones religiosas

A fronte nacionalista rexeita tamén que se siga a subvencionar con decenas de millares de euros de diñeiro público actos relixiosos

Xabier P. Igrexas, candidato á alcaldía: “A mellor maneira de garantirmos o dereito de toda a cidadanía de crer no que quixer, e tamén de non crer, pasa pola neutralidade e estrita separación das institucións públicas e democráticas das confesións relixiosas”

 O Bloque Nacionalista Galego cualifica de “anacronismo doutra época” a participación de representantes institucionais do Concello de Vigo en actos relixiosos.

O concelleiro e candidato do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, criticou a participación do alcalde, Abel Caballero, incluída na súa axenda oficial en diferentes procesións. “No BNG como organización que defende o laicismo, entendemos que a mellor maneira de garantir o dereito de toda a cidadanía de crer no que quixer, e tamén de non crer, pasa pola neutralidade e estrita separación das institucións públicas e democráticas das confesións relixiosas”, afirmou.

“Respeitamos que calquera persoa, sexa concelleira ou non, poda participar a titulo persoal en calquera acto relixioso, pero entendemos que no exercicio da representación institucional da cidade non ten ningún sentido participar nunha procesión”, acrecentou o candidato nacionalista.

Desde a fronte nacionalista critican tamén a decisión de seguir a destinar decenas de millares de euros de diñeiro público, do Concello de Vigo, a subvencionar as procesións de Semana Santa.

“Hai que respeitar, e por suposto respeitamos, todas as crenzas relixiosas. Mais tamén hai que respeitar as moitas persoas que lexitimamente non as temos”, remachou Igrexas.

Deja una respuesta