Vigo, Galicia
Vigo

El BNG de Vigo alerta de que el nuevo PGOM está en el “limbo” desde hace 106 días

vigo

A fronte nacionalista denuncia que o Concello inda non deu resposta aos requirimentos da Xunta e critica a opacidade na tramitación por parte do Goberno municipal

Xabier P. Igrexas: “Desde o BNG temos que esixirlle ao Goberno de Abel Caballero que saque o novo PXOM da permanente chapuza tenebrosa na que o ten secuestrado”

O Bloque Nacionalista Galego alertou publicamente de que o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal da cidade de Vigo leva 106 días no limbo, desde a súa aprobación provisional no Pleno do 28 de decembro cos votos favorábeis do PSOE e do PP e a oposición do BNG.

O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, sinalou que o Goberno municipal inda non atendeu, pasado máis de mes e medio, o requirimento que se lle trasladou por parte da Xunta de Galiza en relación á falla de integridade documental do expediente do propio PXOM e de diferentes reparos ao seu contido, nomeadamente no referido á protección do patrimonio cultural da cidade.

Na Xerencia Municipal de Urbanismo, a concelleira María José Caride, interpelada polo BNG a respeito da situación do expediente limitouse a sinalar que estaban examinando a proposta de contestación ao requirimento da Xunta elaborada pola equipa redactora. “Vemos como no único no que se ten avanzado é no intercambio de reproches e acusacións entre PP e PSOE, colocando o novo PXOM como novo escenario do permanente pimpampum partidista”, reprochou Igrexas.

Desprotección da veciñanza afectada

Para Igrexas “resulta moi difícil de entender esta situación de bloqueo que coloca o planeamento urbanístico da cidade nunha situación de total incerteza e inseguridade”. Neste sentido, advertiu de que este “punto morto” xera tamén unha evidente desprotección para a veciñanza afectada polo novo planeamento e que viu desestimadas as súas alegacións, xa que até a aprobación definitiva que parece claro non se vai poder materializar no prazo previsto (antes do verán) non pode iniciar ningún tipo de reclamación xudicial para defender os seus dereitos.

Esta situación engádese á falla de resposta diante dalgúns erros relevantes detectados no ditame das alegacións veciñais, onde o contido do informe non se corresponde nalgúns casos cos cambios realizados no propio PXOM.

A este respeito, o portavoz municipal nacionalista criticou a “insistencia do Goberno municipal de manter secuestrado o novo PXOM nunha tramitación asbolutamente opaca”. Así o demostra, segundo apuntou, a negativa a atender a solicitude do BNG de comparecencia da equipa redactora no Consello da Xerencia, ou a decisión de non permitir a visualización dos cambios entre o documento aprobado inicialmente co da aprobación provisional, nalgúns casos de moito relevo (como o intento de legalización do pelotazo da urbanización VIP de Cabo Estai ou a desprotección de espazos naturais como a carballeira da Barroca en Navia) ao non querer incorporar a nova cartografía ao visor web do novo PXOM.“Desde o BNG temos que esixirlle ao Goberno de Abel Caballero que saque o novo PXOM da permanente chapuza tenebrosa na que o ten secuestrado”, concluíu.

Deja una respuesta