Vigo, Galicia
Uncategorized

El Área sanitaria de Vigo pone en marcha un programa de cribaje para detectar la Disfagia en los pacientes hospitalizados

Esta iniciativa, pioneira en Galicia, xa está en funcionamento nas Unidades de hospitalización que atenden á poboación de máis alto risco, e irase estendendo a todos os servizos hospitalarios

A disfaxia é un problema que afecta a en torno ao 30% dos pacientes hospitalizados

Grazas a esta medida o risco de pneumonía redúcese entre un 30 e un 70% nestes pacientes, mellora o seu estado nutricional e diminúe o tempo da estancia hospitalaria

Tamén estase a traballar con logopedia e os Equipos de Soporte de Atención Domiciliaria (ESAD) de Atención Primaria para mellorar a resposta dos pacientes con disfaxia que están no seu domicilio

Con motivo do Día Mundial da Disfaxia que se celebra hoxe, a Área Sanitaria de Vigo quere por en valor o cribado da disfaxia como medio eficaz para reducir os riscos asociados a este problema. Así, dende hai uns meses, na area viguesa estase a implantar un procedemento de cribado da disfaxia no paciente hospitalizado.

Trátase dunha iniciativa pioneira en Galicia, impulsada polo comité de Nutrición a Dirección de Enfermería e Logopedia, que xa está en funcionamento nalgunha das plantas que atenden á poboación de máis alto risco -Neuroloxía, Neurocirurxía, ORL, Xeriatría e Pneumoloxía- ás que proximamente incorporarase tamén medicina interna, e logo irase estendendo ao resto de servizos hospitalarios.

Este cribado permite identificar ás persoas con risco de disfaxia, mediante a realización dun test observancional, para a súa posterior avaliación, adaptación de dieta e tratamento. Grazas a esta medida o risco de pneumonía redúcese entre un 30 e un 70% nestas persoas, mellora o seu estado nutricional e diminúe a duración da estancia hospitalaria.

Un 30% dos pacientes hospitalizados con disfaxia

A disfaxia ou dificultade para a deglutición de líquidos, sólidos ou as propias secrecións é un problema moi prevalente no ámbito hospitalario. Os estudos realizados con poboación adulta hospitalizada indican que o 30% dos pacientes presentan disfaxia durante o ingreso, aínda que esa porcentaxe pode ser máis alta en determinados tipos de poboación como os pacientes xeriátricos, os ingresados en unidades de críticos ou os que presentan patoloxía neurolóxica.

A disfaxia intrahospitalaria está relacionada con importantes complicacións durante o ingreso. A taxa de deshidratación destes pacientes sitúase no 43,9% e o 51,9% deles sufre desnutrición durante o ingreso hospitalario. Ademais, os pacientes con disfaxia teñen 8,4 veces máis posibilidades de adquirir unha pneumonía durante a súa estancia no hospital. A disfaxia é un

preditor independente de maior estancia hospitalaria, maior mortalidade durante o ingreso e custos de hospitalización máis altos.

Cribado en Atención Primaria

No marco desta estratexia tamén estase a traballar con logopedia e os Equipos de Soporte de Atención Domiciliaria (ESAD) de Atención Primaria para a valoración e a abordaxe posterior dos pacientes con disfaxia que están no seu domicilio.

A detección temperá dos posibles casos de disfaxia no domicilio, dos pacientes dependentes e inmovilizados, está sendo acompañada da educación sanitaria ás coidadoras e coidadores principais. A prevención dos atragamentos, a identificación das dificultades de deglutición de sólidos e líquidos, así coma o uso correcto dos espesantes, son algúns dos aspectos que os Equipos de Soporte de Atención Domiciliaria (ESAD) traballan coas familias, ademais da correcta cribaxe e derivación posterior.

Formación

Para poder levar a cabo este proceso de cribado levouse a cabo unha formación entre o persoal implicado, na que participaron case 150 persoas. Así, enfermeiras e Técnicos de Coidados Auxiliares de Enfermaría (TCAE) aprenderon a utilizar os medios de cribado para detección destes pacientes.

Este proxecto deuse coñecer onte nunha sesión formativa dirixida aos profesionais da área na que se presentaron as diferentes ferramentas de despistaxe empregadas tanto na atención hospitalaria como na atención primaria.

Deja una respuesta

Hide picture