A Asociación Veciñal de Teis, convoca unha nova concentración mañá venres 20 de novembro ás 10:00 horas, na rúa Teofilo Llorente, 4, nas dependencias da Subdelegación do Goberno en Vigo , para esixir a mellora dos pasos elevados na autoestrada AP-9 en Teis, especialmente no camiño da Xorxa e da Trapa, debido a falta de mantemento dos mesmos.
Levamos anos esixindo ao Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana uns pasos elevados seguros na autoestrada AP-9, que impidan a incomunicación en Teis e queremos tamén denunciar as nulas xestións do goberno municipal de Vigo neste tema.