Vigo, Galicia
General Vigo

Admitido a trámite el recurso del PP Pontevedra contra la resolución del Gobierno provincial que rechaza el pleno por el caso de la Cuñada de Carmela Silva

  • Pepa Pardo: “Chegaremos onde faga falta para que a presidenta da Deputación dea as explicacións que a cidadanía merece”.
  • “Están impedindo toda posibilidade de control político para dirimir responsabilidades. Denegaron o pleno extraordinario na Deputación e, no Concello de Vigo, denegaron tamén a creación dunha comisión de investigación”.
  • Pregunta “cal é a diferencia entre o BNG de Vigo, que si esixe explicacións e responsabilidades, e o BNG da Deputación de Pontevedra que cala. Quizais son os sillóns quen os move”

O Xulgado Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra vén de admitir a trámite o recurso interposto polo grupo provincial do Partido Popular contra a resolución do Goberno da Deputación de Pontevedra que rexeita convocar o pleno extraordinario solicitado polos populares para pedir responsabilidades políticas e explicacións a Carmela Silva tras a sentenza do Supremo, que confirma a pena de máis de cinco anos de cárcere a un alto funcionario do Concello de Vigo por urdir unha trama para contratar irregularmente á cuñada da presidenta da Deputación, que cobrou 108.000 euros do erario público sen traballar nin un só día.

Así o anunciou esta mañá a vicevoceira do grupo provincial, Pepa Pardo, nunha rolda de prensa xunto aos deputados provinciais Elena Estévez e Javier Tourís. Pardo subliñou que a solicitude do PP reunía todos e cada un dos requisitos legalmente esixidos para atender e convocar o pleno extraordinario, e por iso, recorreron xudicialmente a resolución da Deputación, un recurso que foi admitido a trámite o pasado xoves “a pesar de que o Goberno provincial, non contento con denegar o pleno extraordinario, tamén intentou coartar esta posibilidade, pero o Xulgado ditou auto dando a razón ao PP e dicindo que o recurso debe continuar o seu camiño”, explicou a popular.

“Quen dicía que chegou á Deputación para abrir as ventás, o único que fixo é pechalas a cal e canto, e desde o PP non podemos tolerar estes comportamentos de quen non só cala, senón que ademais pretende silenciar á oposición. Comportamentos máis propios de réximes totalitarios que de democracias asentadas”, sinalou. E por iso, engadiu, “chegaremos onde faga falta para que Carmela Silva dea as explicacións que a cidadanía merece”.

Pardo recordou que xa pasaron case dous meses desde a sentenza do Supremo e a presidenta da Deputación e o PSOE seguen calados, sen dar a máis mínima explicación ante unha das maiores tramas de corrupción da historia recente de Galicia. “Non só están calados, é que ademais están impedindo toda posibilidade de control político para dirimir responsabilidades. Denegaron o pleno extraordinario na Deputación e, no Concello de Vigo, denegaron tamén a creación dunha comisión de investigación sobre a contratación ilegal da cuñada. Que teñen que ocultar?”. Para o PP “a firmeza da sentenza pon en entredito a xestión de Silva ao fronte da Deputación, porque quen Goberna na Deputación son os mesmos que gobernaban naquel momento no Concello de Vigo, e por iso debe explicar no pleno quen deu a orde política para contratar á cuñada? Como se permitiu que durante cinco anos existise unha contratación irregular, que pagasen do erario público a unha persoa por non traballar?”.

Por iso, desde o PP consideran que “é unha vergonza maiúscula e incomprensible” que Carmela Silva “continúe calada ante uns feitos tan graves e que si lle afectan directamente” pero tamén “o apoio incondicional” do BNG como socio de goberno. “É incomprensible o silencio do BNG ante unha sentencia que constata uns feitos tan graves”, criticou, e pregunta “cal é a diferencia entre o BNG de Vigo, que si esixe explicacións e responsabilidades, e o BNG da Deputación de Pontevedra que cala. Quizais son os sillóns quen os move”.

A popular di que “fronte aos que calan, o PP defende o dereito da cidadanía a saber. Xa se dirimiron as responsabilidades xudiciais, pero agora é o momento de depurar responsabilidades políticas”. Nesta liña, preguntou si alguén se imaxina “que estarían dicindo e facendo Carmela Silva, Caballero, o PSOE e mesmo do BNG si esta sentenza fose nun concello gobernado polo PP”.

Deja una respuesta