Vigo, Galicia
Vigo

Vigo se convertirá de la mano del Xacobeo 21-22 y la Iacobus maris en el epicentro de la peregrinación marítima más larga del mundo

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, presenta a chegada dos grandes veleiros en conmemoración da viaxe do corpo do Apóstolo ata Santiago de Compostela

O porto vigués será a meta da ruta xacobea que partirá da cidade italiana de Xénova o 25 de xuño e que na súa viaxe parará tamén en Valencia, Sevilla e Oporto

Unha decena de embarcacións clásicas e tradicionais, como buques escola, goletas e fragatas, abrirán as súas portas ao público na dársena da Laxe do 22 ao 24 de xullo

A ría de Vigo converterase o vindeiro mes de xullo no escenario dun espectáculo único coa chegada dos grandes veleiros da Ruta Iacobus Maris grazas ao apoio da Xunta de Galicia a través do Xacobeo 21-22. A cidade deu este mércores o pistoletazo de saída da peregrinación marítima máis longa do mundo.

O peirao de Portocultura de Vigo acolleu a posta en marcha dos últimos preparativos para o evento coa firma do convenio de colaboración entre a Fundación Traslatio e o Xacobeo 21-22. Co alxibe “Hidria Segundo” como testemuña de luxo tras a súa recente chegada ao porto vigués, a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, anunciou a posta en marcha do proxecto. O acto contou tamén coa presencia do presidente do Porto de Vigo, Jesús Vázquez Almuiña; e o presidente da Fundación Traslatio, Mario Cardama.

«O Goberno galego está presente hoxe de novo aquí para apoiar un evento que une cultura, tradición e patrimonio marítimo, porque a Iacobus Maris é unha ruta que achega valor engadido a Vigo e Galicia», afirmou a representante autonómica.

A Iacobus Maris supón o regreso a Galicia dos grandes veleiros en conmemoración da viaxe do corpo do Apóstolo ata Santiago de Compostela. A ruta xacobea marítima estará dividida en catro etapas e visitará cinco portos ao longo dunha peregrinación que partirá da localidade italiana de Xénova o día 25 de xuño e chegará ao Porto de Vigo o día 22 de xullo.

“É para min unha honra anunciar hoxe o regreso a Vigo dos grandes veleiros, un espectáculo único que a cidade non vive desde hai moitos anos e que grazas á implicación da Xunta, a través do Xacobeo, poderemos gozar de novo», engadiu a representante autonómica.

Valencia -1 ao 3 de xullo-, Sevilla -8 ao 10 de xullo- e Oporto -16 ao 19 de xullo- son as outras tres cidades nas que recalará unha frota que xa conta cunha decena de unidades de catro países confirmados: o volta ao mundo VO70 “E1”, a goleta “Atyla”, o pailebote “Pascual Flores”, o ketch “Galaxie”, o bergantín “Cervantes Saavedra”, a carabela portuguesa “Vera Cruz”, o buque escola francés “Etoile”, romanés “Mircea” e os españois “Peregrina” e “Evangelina”.

A Iacobus Maris confluirá, ademais, con outra peregrinación como a VI travesía “Navega o Camiño- Sail The Way”. O obxectivo non é outro que o de lograr unha unión entre diferentes rutas de cara a súa entrada na ría de Vigo.

“Eventos como esta ruta marítima contribúen de forma decisiva e sen lugar a dúbidas a colocar a Galicia no mapa, e a Vigo no lugar que se merece neste dobre Ano Santo, reivindicando o seu papel central no Camino de Santiago, no Camiño Portugués da Costa”, anotou Marta Fernández-Tapias durante o acto de presentación en Portocultura.

Deja una respuesta