Vigo, Galicia
Galicia General Vigo

Xunta, federación gallega de atletismo y los clubes de Vigo trabajan mano a mano para sacar el mayor rendimiento del módulo del IFEVI

_O Goberno galego espera, mentres tanto, as instrucións do Concello de Vigo -que tamén estaba invitado a reunión de hoxe pese a non acudir- para comezar a traballar canto antes en Balaídos

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e a delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, da man do presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, mantiveron no serán de hoxe unha xuntanza de traballo con representantes dos clubs de atletismo de Vigo para abordar a situación do atletismo vigués así como coordinar o calendario de uso do novo módulo cuberto do Instituto Feiral de Vigo.

A xuntanza que tivo lugar na Casa do Deporte, produciuse un día despois do comezo das obras de instalación do módulo cuberto de atletismo no pavillón número 5 do Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) que conta cun prazo máximo de 40 días, contará co certificado de homologación emitido pola Real Federación Española de Atletismo e será executada por Mondo Ibérica SAU cun orzamento de 312.547,32 euros.

Na xuntanza participaron os clubs da Agrupación Viguesa de Atletismo, Comesaña Sporting Club, CSCR de Beade, Club Atletismo Feminino Celta, RC Celta de Atletismo, CAR Marisqueiro, Club Tríatlon Mar de Vigo e adestradores como José Manuel Hermida, Óscar Fernández, David Gómez ou Antonio Fernández.

O principal punto tratado foi o uso do novo módulo cuberto que chega ao IFEVI grazas á súa segunda gran ampliación e que conta cun revulsivo deportivo e expositivo, xa que as novas instalacións deportivas teñen como obxectivo incrementar a potencialidade dos preto dun milleiro de atletas repartidos entre os 15 clubs da área metropolitana de Vigo. Neste sentido, o presidente da Federación Galega de Atletismo avanzou o calendario para a nova pista de xeito que todos os atletas e os clubs de Vigo poidan acadar o máximo beneficio, contando ademais do precario estado das pistas municipais de Balaídos.

Deja una respuesta