O ingreso en prisión dun dos condenados polo caso «enchufe» non resolve o maior escándalo de corrupción na historia da cidade de Vigo. Queda inda por esclarecer se houbo indutoras ou indutores do delito e quen facía parte da trama corrupta que perpetrou o enchufe, porque é moi dificil de acreditar en que un alto funcionario (e destacado dirixente do PSOE) colocou por casualidade a cuñada da primeira tenente de alcalde. Nese sentido, o BNG seguiremos a defender, como fixemos desde o primeiro momento, a necesidade de chegar até o final, caia quen caia. É lamentábel que o PSOE de Abel Caballero decidise encubrir este asunto tan grave e que supuxo o roubo de máis de 100 mil euros de diñeiro público, negándose a condenalo no Pleno, sen dar ningunha explicación á cidadanía e bloqueando a creación dunha Comisión de Investigación no Concello e a posta en marcha dunha Oficina Municipal Anticorrupción, como esiximos desde o BNG.
Política
Vigo
Xabier P. Iglesias: “El ingreso en prisión de uno de los condenados por el caso ‘enchufe’ no resuelve el mayor escándalo de corrupción en la historia de la ciudad de Vigo”
- julio 11, 2023
- 0 Comentarios
- hace 3 años
Comparte esta noticia:
Noticias relacionadas
General, Sucesos, Vigo
Arde el interior de un vehículo dejando inutilizado el salpicadero
diciembre 27, 2022
