Vigo, Galicia
General Portada

Vitrasa le comunica al comité que no va a abonar la paga extra de diciembre por falta de pago del Ayuntamiento de Vigo

A concesionaria do transporte urbano xa adiantou tamén que de persistir a situación tampouco poderá ingresar a próxima nómina


A concesionaria do servizo de transporte urbano do Concello de Vigo comunicoulle hoxe ao comité de empresa que non vai abonar a paga extraordinaria do mes de decembro -cuxo ingreso debera producirse este martes día 15- mentres o Goberno local non lle pague os dous millóns de euros do canon municipal que tiña que abonarlle este mes. A dirección de Vitrasa xa adiantou tamén que de persistir esta situación tampouco poderá facerlle fronte á próxima nómina, que tería que abonar a comezos do mes que vén. Dende a representación do cadro de persoal amosan a súa preocupación por esta falta de liquidez da empresa como consecuencia dos impagos do Concello, “sobre todo cando se fala continuamente de superávit nas contas municipais”, e lembran que foron a única concesionaria municipal a cuxos/as traballadores/as o Goberno local non lles complementou o salario durante o ERTE aplicado como consecuencia da pandemia. A dirección da compañía convocou o comité a unha nova xuntanza este venres ás 9:00 horas para trasladarlles se a problemática persiste, xa que de ser así non poderá abonar tampouco o salario correspondente ao mes de decembro. Pola súa banda, o comité estudará todas as opcións que estean na súa man para atopar unha solución e garantir que o cadro de persoal poida recibir tanto os soldos como a paga extra

Deja una respuesta