Vigo, Galicia
General Uncategorized

El BNG de Vigo propone un programa municipal de alimentos delante del agravamiento de la crisis y de la pobreza

A fronte nacionalista insiste en redobrar esforzos desde o Concello para protexer aos sectores máis vulnerábeis destinando máis de 1,8 millóns de euros a este programa, a mesma cantidade que o Goberno municipal quere dedicar a subvencionar voos a Londres

Xabier P. Igrexas: “Facémolo na certeza de que as familias empobrecidas de Vigo merecen ben máis as axudas públicas do Concello que as grandes empresas aéreas”

O Bloque Nacionalista Galego propón un programa municipal de distribución de alimentos e bens de primeira necesidade diante do agravamento da crise e da pobreza en Vigo. A fronte nacionalista vén de anunciar unha emenda, a través dun voto particular, á proposta de modificación orzamentaria –que será sometida a aprobación a vindeira semana no Pleno municipal– coa que demandarán para este programa máis de 1,8 millóns de euros adicionais aos 32 millóns que o goberno de Abel Caballero quere mobilizar dos remanentes municipais.

“O agravamento da crise está a golpear moi duro aos sectores máis vulnerábeis da nosa cidade”, asegurou o concelleiro e candidato do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, que lembrou que na cidade hai máis de 60 mil persoas en risco de exclusión social e pobreza. “Son varios centos as familias que teñen que acudir diariamente ou a comedores sociais ou organizacións asistenciais para garantiren algo tan básico como a súa alimentación”, alertou.

Unha situación social “límite” que, a xuízo das nacionalistas, volveu quedar en evidencia após o recente anuncio do peche do comedor xestionado por Vida Digna, que atendía a máis de 600 persoas cada fin de semana. “É por iso que o BNG temos que insistir, máis unha vez, en que o Concello ten que redobrar esforzos para converterse nun verdadeiro parapeto social en favor da maioría que representan as clases populares e traballadoras”, defendeu Igrexas.

Nese sentido, o candidato do BNG de Vigo reclamou destinar a este programa de alimentos  para persoas empobrecidas unha partida de 1.869.450 euros, a mesma cantidade que o Goberno local vai destinar para subvencionar as novas conexións aeroportuarias entre Vigo e Londres.

“Facémolo na certeza de que as familias empobrecidas de Vigo merecen ben máis as axudas públicas do Concello que as grandes empresas aéreas”, afirmou o portavoz nacionalista. 

Deja una respuesta