Vigo, Galicia
General Vigo

Un estudio de anatomía patológica recibe un premio europeo de la especialidad

A investigación demostrou por primeira vez a eficacia dun novo marcador, GATA-3, para axudar no diagnóstico do cancro de próstata

No Servizo de Anatomía Patolóxica diagnostícase ao redor dun milleiro de biopsisas anuais, das que case a metade resultan ser cánceres

Unha investigación do servizo de Anatomía Patolóxica ven de ser seleccionada polo comité científico do Congreso Europeo de Patoloxía 2022, celebrado en Basilea, como un dos cinco mellores pósters na área de Uropatoloxía.

O traballo, titulado “GATA-3 é un marcador inmunohistoquímico útil para identificar os paranganglios periprostáticos“, foi presentado polo médico residente Jorge Gómez Trashorras e dirixido polo patólogo José Antonio Ortiz Rey.

Esta investigación revelou a eficacia dun novo marcador para discriminar o cáncer de próstata, feito de gran relevancia para o diagnóstico certeiro destas patoloxías. Segundo explican os autores do estudo “conseguimos demostrar por primeira vez que un novo marcador, chamado GATA-3, é positivo nos paraganglios periprostáticos, polo que a súa detección mediante inmunohistoquímica pode ser unha ferramenta máis para diferencialos doutro tipo de células, como as do cancro de próstata”.

Os paraganglios son estruturas normais que se atopan dispersos por todo o corpo e adoitan ter tamaño microscópico. Raramente localízanse adxacentes á próstata e, polo seu aspecto microscópico, poderían chegar a ser confundidos con células malignas polos patólogos. Para evitar isto, existen diversas técnicas que axudan a diferencialos do cancro e baséanse na detección de proteínas específicas, mediante inmunohistoquímica, que confirman a súa natureza exacta.

O novo marcador GATA-3, pódese detectar cunha tinción especial dos tecidos (técnica inmunohistoquímica) permitindo así visualizar e identificar os paraganglios a través do microscopio, diferenciándoos das células tumorais.

Máis de 1200 estudos de próstata anuais

No Servizo de Anatomía Patolóxica efectúanse anualmente uns 1.250 estudos de próstata. Destes, ao redor dun milleiro corresponden as biopsias de próstata realizadas polos urólogos para descartar a existencia de cancro ante un aumento do PSA en sangue -antíxeno prostático específico para detectar cáncer de próstata-. Os patólogos diagnostican malignidade en algo menos da metade das biopsias.

Ademais, os patólogos tamén analizan cada ano algo máis de 250 pezas cirúrxicas de extirpación da próstata por cancro. Así, en total, no Chuvi estúdanse anualmente 700 cánceres de próstata anuais.

O cancro de próstata é a primeira neoplasia en frecuencia nos homes, tras o cancro de pel. É unha enfermidade heteroxénea, de comportamento moi variable, o cal se pode predicir, en parte, a partir de certas características microscópicas do tumor, por exemplo o seu grao.

O estudo microscópico das biopsias por agulla da próstata permite o diagnóstico de cancro en focos de moi pequeno tamaño (mesmo menos de 1 mm), pero require un estudo coidadoso por patólogos expertos, que deben ser capaces de diagnosticar tumores tan pequenos así como diferencialos de alteracións benignas que poden simular malignidade e poderían levar a un diagnóstico erróneo con graves consecuencias para o paciente.

“Sen dúbida, o novo marcador contribúe a clarificar as dúbidas dos patólogos naqueles tumores moi pequenos, permitindo así un diagnóstico más áxil e certeiro”-conclúen os especialistas.

Deja una respuesta

Hide picture