A Consellería de Sanidade confirma que non se rexistrou ningunha reacción grave tras a administración do lote da vacina de AstraZéneca ABV5300. O lote chegou a Galicia o pasado día 12 de febreiro e administrouse seguindo o Plan Galego de Vacinación que incorpora dous sistemas de seguimento: a trazabilidade que identifica o lote da vacina e a persoa á que se lle administra; e por outra banda, o programa de farmacovixilancia establecido para este tipo de vacinas, a través do cal se comunican, rexistran e estudan as posibles reaccións adversas, das que se fai seguimento.
A Conselleria de Sanidade subliña que, tanto a Axencia Europea do Medicamento, coma a Axencia Española avalan seguir administrando a vacina de AstraZéneca, dado que non existen evidencias, a día de hoxe, sobre a causalidade entre reacción adversa e a administración da vacina.