Vigo, Galicia
Política Vigo

Podemos-Marea de Vigo urge ya a comenzar las negociaciones con la Sareb para mapear cuántos de los 50. 000 inmuebles de los que se movilizarán en alquiler social están en nuestra ciudad.

A coalición considera “unha magnífica nova” o acordo do goberno de coalición de lexislar a cesión de uso de 21.000 de eses inmobles para parques de vivenda social aos concellos e das CC.AA e pide xa negociar dende Vigo o alcance da cifra de inmobles da cidade que cumprirían os criterios de cesión.

A coalición de Podemos e Marea de Vigo considera que esta medida que aprobará o consello de Ministros e Ministras este martes emenda todo o dito anteriormente polo PSOE que, aos requirimentos reiterados de uso deste parque inmobiliario, contestaba cun non mesmo no propio pleno do Concello cando foi trasladada en forma de moción esta cuestión polo noso grupo municipal.

A coalición considera que por fin hai unha luz para que inmobles da cidade como as vivendas da extinta Vialmar na Rúa Aragón ou mesmo as vivendas da Rúa Privada Moderna, poidan ser cedidas en uso ao Concello de Vigo para evitar que acaben sendo parte da especulación en forma de venta a inversores como fondos voitre ou semellantes.

A Sociedade de Xestión de Activos procedentes da Reestruturación Bancaria, en diante SAREB, foi creada co obxectivo de comprar parte dos activos tóxicos e problemáticos que tiña a banca para “limpar” os seus balances e eliminar o lastre que neles tiñan os activos “ improdutivos”. Vivendas e solos que estaban en poder das entidades despois de ser executadas as garantías e hipotecas de quen non pagara os préstamos asinados, ademais de créditos errados con enormes dificultades de recuperación, foron traspasados a este “banco malo” para que as entidades deixasen de ter o lastre de ter que aprovisionar eses activos que non lles xeraban máis que gastos e obrigábanlles a reservar capital. “Por este motivo que agora poidan formar parte de activos de vivenda social dos concellos é devolver á sociedade os inxentes recursos económicos públicos que foron empregados no seu día” subliña Rubén Pérez, voceiro do Grupo Municipal da Marea de Vigo.

O Ministro de Economía, Luís de Guindos, aseguraba en novembro de 2012, só uns meses despois da creación da SAREB, que a sociedade non só non lles custaría diñeiro aos contribuíntes españois, senón que, ao longo da súa vida, ofrecería unha rendibilidade do 15%. Con todo, en xuño de 2021 a sociedade consumira os 1.200 millóns achegados de capital e os 3.600 millóns de débeda subordinada que subscribiran os accionistas. En total 4.800 millóns. Pero ademais o patrimonio neto da SAREB era negativo en case 9.700 millóns de euros. En total un quebranto contable que ascende a uns 14.500 millóns dos que 12.000 millóns son públicos.

O noso grupo xa trasladara ao pleno que o Concello de Vigo instara ao Goberno do estado a facilitar unha xestión social do parque de vivendas actual de SAREB integrando as mesmas o parque social para garantir acceso á vivenda da poboación, especialmente a máis vulnerable. Na nosa moción pedíase unha xestión activa coas persoas que están en precario en vivendas da SAREB para xestionar alugueiros sociais vinculados ao nivel de ingresos, que poderían alcanzar un prezo medio de 100 euros mensuais, oscilando entre niveis inferiores para as persoas inquilinas en situación de máis vulnerabilidade e 300 euros como máximo.

Podemos-Marea de Vigo quere que a partir da entrada en vigor da norma este martes en Consello de Ministros e Ministras, o Concello de Vigo inicie urxentemente a negociación para facerse co dereito de uso e cesión da maior cantidade de inmobles posibles da Sareb na cidade para adicalos a alugueiro social ou para garantir os dereitos das persoas que actualmente viven en inmobles propiedade do chamado banco malo, como os veciños e veciñas da Rúa Privada Moderna. “Algo que debe ser tomado como prioritario na acción institucional dun Concello que se diga defensor dos dereitos máis básicos en materia de vivenda”. 

Deja una respuesta

Hide picture