Vigo, Galicia
Vigo

El BNG de Vigo alerta del impacto sobre el sistema dunar de Samil por causa de las obras en el paseo

  • A fronte nacionalista traslada a súa preocupación pola presenza de maquinaria pesada sobre ámbitos do areal que o Goberno municipal asegura querer protexer

Xabier P. Igrexas: “Polo capricho de Abel Caballero a praia de Samil vai volver quedar sepultada cun novo paseo de formigón aínda máis ancho que o anterior

 O Bloque Nacionalista Galego alerta do impacto ambiental sobre o sistema dunar de Samil por causa das obras de recuado do paseo. A fronte nacionalista traslada a súa preocupación pola presenza de maquinaria pesada sobre ámbitos do areal que o Goberno municipal asegura querer protexer co proxecto.

“O BNG temos recibido denuncias da veciñanza alertando de que estas actuacións non se están a realizar coas medidas necesarias para reducir ao máximo o seu impacto ambiental”, advertiu o portavoz municipal en Vigo, Xabier P. Igrexas, quen demandou axustar as obras para evitar máis danos nese importante ecosistema.

Igrexas reiterou o rexeitamento do Bloque ao proxecto do Goberno municipal por limitarse a un recuado do actual paseo en lugar de apostar pola recuperación integral do areal vigués. “Polo capricho de Abel Caballero, a praia de Samil vai volver quedar sepultada cun novo paseo de formigón aínda máis ancho que o anterior”, cuestionou.

Nesa liña, lembrou o portavoz nacionalista, o BNG formulou alegacións perante o Ministerio de Transición Ecolóxica propoñendo unha actuación semellante a realizada no areal do Vao, cunha pasarela pilotada de madeira en lugar dun novo paseo de formigón que “se ten demostrado como un modelo moito máis respectuoso a nivel ecolóxico”.

“Desgraciadamente o Goberno de Abel Caballero, coa complicidade do Ministerio, insiste en replicar o mesmo modelo depredador e insustentábel dos anos 70”, lamentou Igrexas, chamando a enfrontar o repto de avanzar para que Samil como areal urbano deixe de ser unha “praia urbanizada con máis cemento”. 

Deja una respuesta