Vigo, Galicia
Vigo

Patrimonio cultural autoriza la humanización de un tramo de la rúa Serafín Avendaño y de la urbanización del enlace del parque Castro Castriño de Vigo

A Dirección Xeral comunica ao Concello os informes favorables para as reformas dun tramo próximo ao elevador Halo e da conexión de Tomás Alonso e Benedicto Conde

A resolución indica que deberá realizar sondaxes avaliativas previas e presentar o proxecto arqueolóxico

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, vén de informar favorablemente ao Concello de Vigo sobre os proxectos para a urbanización dun tramo da rúa Serafín Avendaño, o máis próximo ao novo elevador Halo, e da conexión do parque Castro Castriño coas rúas Tomás Alonso e Benedicto Conde.

O departamento autonómico responde así á administración local sobre o expediente de obras de humanización da rúa Serafín Avendaño e o expediente de urbanización de Castro Castriño. Segundo recolle a primeira das resolucións de Patrimonio Cultural, ten como obxectivo a reforma da rúa Serafín Avendaño, desde García Barbón ata rúa Callado. No segundo caso, trátase das obras de urbanización en rúas Tomás Alonso e Benedicto Conde para enlazar co parque.

O informe autoriza os proxectos e indica como condicións que cómpre realizar, en ambos os casos, sondaxes arqueolóxicas mecánicas valorativas, polo que, antes da concesión da licenza municipal, o promotor deberá presentar o correspondente proxecto arqueolóxico, asinado por técnico competente, para a súa autorización pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

“O proxecto incluirá a posibilidade, se así se considera finalmente, da realización posterior ás sondaxes dun control arqueolóxico dos movementos de terras. En función dos resultados da intervención poderían requirirse actuacións arqueolóxicas complementarias”, engaden as dúas resolucións.

Deja una respuesta