Vigo, Galicia
General Vigo

Marea de Vigo considera “ridículo” el “ triunfalismo” transmitido hoy por el alcalde anunciando la oferta pública de empleo pendiente de los años 2014 a 2016.

Rubén Pérez: “En lugar de asumir a responsabilidade por unha xestión nefasta en política de persoal por non levar adiante as ofertas públicas de emprego, Abel Caballero anuncia a bombo e prato unha cuestión que tiña que estar resolta hai bastantes anos”


Unha vez coñecidas as declaracións do alcalde de Vigo no día de hoxe con respecto ao desenvolvemento da oferta pública de emprego no Concello de Vigo na que se incorporarán 32 funcionarios/as públicos/as, o voceiro do Grupo municipal da Marea de Vigo, Rubén Pérez, reitera a necesidade dunha fonda reformulación nas políticas de persoal levadas a cabo polo Goberno de Abel Caballero. “O que se está anunciando no día de hoxe coma un exemplo de creación de prazas non son máis que as OPEs dos anos 2014 ao 2016, onde atoópanse diferentes prazas públicas que tiñan que estar xa resoltas hai anos – sinala -. Abel Caballero anuncia coma un logro dunha xestión de persoal excelente sacar adiante ofertas públicas de emprego do ano 2014, algo que a un alcalde responsable causaríalle vergoña”.

Ademais, Marea de Vigo considera a oferta anunciada como “absolutamente escueta”, xa que “deixa sen resolver algunha das áreas máis importantes do Concello como son o corpo de policías e bombeiros” matiza Rubén Perez. “Deberían de abordarse estas prazas ante o gran número de xubilacións que se están dando nos últimos anos, cuestión que debería xerar unha resposta inmediata por parte do Concello de Vigo” engade.

Alén disto, Marea de Vigo quere incidir no que xa é unha “tónica” do Goberno local actual con respecto á nula negociación co Comité de Empresa. “Atopámonos nun contexto no que non se ten negociado a OPE deste ano nin se saben cales van a ser os criterios que vai seguir a administración local, o que é un feito moi grave” conclúe o voceiro do Grupo.

Deja una respuesta