Vigo, Galicia
General Portada

O BNG de Vigo propón que a policía local actúe diante do incumprimento das condicións preventivas en empresas e centros de traballo

O BNG de Vigo trasladou hoxe ao Comité de Seguimento Municipal do Covid-19 a proposta de que a policía local realice visitas de oficio a empresas e centros de traballo para comprobar o cumprimento das medidas preventivas fronte ao coronavirus. A fronte nacionalista insta a que a policía local levante atestados dos incumprimentos para llelos trasladar á Inspección de Traballo.

O concelleiro do BNG, Xabier P. Igrexas, reitera a demanda de “paralizar toda a actividade non esencial, tanto pública como privada”. Unha medida, que defende, permitiría garantir o dereito á saúde dos traballadores e das traballadoras e tamén a eficacia do confinamento.

“Vendo a evolución da curva de afectados e afectadas polo coronavirus, hai que tomar decisións firmes que poñan por diante a saúde pública. Non ten sentido que moitas traballadoras e traballadores sexan confinadas as fins de semana para despois acudir con normalidade aos seus empregos, en moitos casos sen as medidas prevetivas necesarias expoñéndose a contaxios”, explicou.

Diante da irresponsabilidade da patronal e a inacción da Inspección de Traballo e da Dirección Xeral de Saúde Pública, a fronte nacionalista é partidaria de que o Concello de Vigo actúe para impedir que se siga a traballar sen as mínimas garantías preventivas.

Preocupación polos centros de maiores

Pérez Igrexas está a realizar, en colaboración con diferentes colectivos e organizacións, un seguimento moi estreito da situación no que atinxe as residencias de maiores, centros de diversidade funcional e de menores, así como nos servizos de atención domiciliaria.

Após, se rexistrar 11 positivos nunha residencia privada na nosa cidade, o edil nacionalista insta á Xunta de Galiza a que garanta o subministro de EPIs tanto para o persoal como para as usuarias afectadas. Aliás, Igrexas lamenta a falla de transparencia

Deja una respuesta