Vigo, Galicia
General Vigo

Marta Fernández-tapias cifra en 700.000 euros las ayudas ya resueltas para que la hostelería del área acondicione terrazas e impulse las ventas a domicilio

  • A Xunta conta con esta nova liña de apoios, en fase de resolución, para adaptar os espazos exteriores e adquirir materiais de empaquetado de comidas e bebidas
  •  A delegada territorial visitou o restaurante María Manuela, un dos beneficiarios desta orde de axudas, no que puido coñecer parte do proxecto que está a desenvolver

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, cifrou hoxe en preto de 700.000 euros (103 establecementos) as axudas resoltas ata o de agora na área de Vigo para a instalación, reforma e adaptación das terrazas dos establecementos de hostalaría e restauración e adquisición de elementos de envasado e empaquetado para o servizo de consumo a domicilio.

Así o informou a delegada coincidindo cunha visita ao restaurante vigués María Manuela, un dos beneficiarios desta orde de axudas con preto de 12.000 euros, no que puido coñecer parte do proxecto que nel se está a desenvolver.

Fernández-Tapias, quen matizou que aínda quedan solicitudes por resolver, recordou que debido ao éxito desta iniciativa o Goberno galego reforzou o orzamento dedicado a esta orde de axudas, que pasou dos 3 millóns de euros previstos inicialmente ata un total de 11 millóns de euros. Os apoios van dirixidos aos sectores da hostalería e a restauración para ofrecer máis confianza aos consumidores, facilitarlles a actividade aos establecementos e que esta sexa compatible coas medidas de protección da saúde ante a covid-19.

Segundo especificou, o programa ofrece apoios directos a autónomos e pemes de menos de 50 traballadores, sendo a axuda mínima de 1200 euros e máxima de 20.000. Ademais, inclúe a achega de anticipos no momento da resolución favorable da axuda pola metade da contía dos gastos realizados.

Respecto ás características das solicitudes de apoios presentadas, Fernández-Tapias destacou a dimensión dos proxectos de adecuación dos exteriores, xa que unha parte importante dos restaurantes e cafeterías solicitantes acometeron reformas substanciais nesa parte dos seus locais. Asemade, indicou que as axudas facilitadas por este programa poden destinarse a cubrir os gastos e investimentos realizados para instalar

pechamentos estables ou elementos desmontables que sirvan de illamento ou protección, renovación do mobiliario, instalación de sistemas de iluminación e aparatos calefactores nas terrazas, así como de mellora da fachada exterior dos establecementos.

En canto aos apoios destinados a sufragar os gastos de adquisición de elementos de envasado de comida e bebida para a entrega a domicilio ou a recollida no local, salientou a gran cantidade de solicitudes presentadas, o que indica que unha parte relevante dos establecementos hostaleiros incorporaron ou reforzaron este servizo entre as súas actividades.

Thumbnail 20210408AxudasTerrazasMariaManuela2

Deja una respuesta