Vigo, Galicia
Vigo

Más de un millar de profesionales de atención hospitalaria podrán optar al concurso de movilidad interna del Área sanitaria de Vigo

O xerente da Área e a presidenta da Comisión de Centro de Atención Hospitalaria asinaron un Acordo que ten por obxecto continuar avanzando na mellora da conciliación familiar e o desenvolvemento profesional

A novidade deste Acordo é a incorporación de determinados postos de “enfermería de práctica avanzada” que atende ás especiais necesidades formativas requiridas para as funcións a desenvolver

A Xerencia da Área Sanitaria de Vigo ven de asinar un Acordo sindical sobre mobilidade interna voluntaria do persoal estatutario fixo do ámbito de atención hospitalaria, do que poderán beneficiarse 1.237 profesionais.

Este Acordo permitirá aos traballadores fixos de diferentes categorías profesionais a elección de postos de traballo nas unidades, servizos e centros que integran o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. O seu obxecto é seguir avanzando nun dos obxectivos fundamentais na política laboral do SERGAS: mellorar a conciliación familiar dos profesionais, permitindo optar aos diferentes postos ofertados segundo as súas características especificas: especialidade, quenda e centro.

O Acordo, asinado polo xerente da Área Sanitaria, Javier Puente, e a presidenta da Comisión de Centro de Atención Hospitalaria, María José Diéguez, establece os requisitos de participación, baremo de méritos da convocatoria e demais circunstancias relativas ao desenvolvemento do proceso.

Unha vez foi asinado o mencionado Acordo, publicarase no Diario Oficial de Galicia, a correspondente convocatoria publica á que poderán presentarse os profesionais que queiran optar aos seguintes postos convocados: 474 Enfermeiros/as; 15 Enfermeiras especialistas en Pediatría; 30 Enfermeiras especialistas en Saúde Mental; 388 Técnicos/as en Coidados Auxiliares de Enfermería; 21 Fisioterapeutas; 4 Logopedas; 7 Terapeutas Ocupacionais; 23 Técnicos Superiores Farmacia; 27 Técnicos/as Superiores en Imaxe para o Diagnóstico; 48 Técnicos/as Superiores en Laboratorio de Diagnóstico Clínico; 144 Celadores/as; e 56 Auxiliares Administrativos/as.

Novos Postos de Enfermería de práctica Avanzada

A gran novidade deste Acordo é a incorporación de determinados postos de enfermería catalogados como “Postos de enfermaría de práctica avanzada”, en consideración ás especiais necesidades formativas do seu desempeño.

Para obter algún destes postos de práctica avanzada requirise ter unha específica experiencia e/ou formación nas materias e funcións relacionadas coas do posto a desempeñar. Neste senso, vanse ofertar 9 destes postos de enfermaría nas consultas de Diálise peritoneal; Enfermidade inflamatoria

intestinal; EPOC; Hospital de Día Oncohematolóxico; Rehabilitación cardíaca; Transplante hematopoiético; Unidade accesos venosos; Unidade de Demencias e Unidade de mama.

Deja una respuesta