Vigo, Galicia
General Vigo

Marta Fernández-Tapias, se acercó hoy hasta el CEIP Doblada para acompañar al alumnado en su regreso a las aulas

  • A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, achegouse hoxe ata o CEIP A Doblada para acompañar ao alumnado deste centro no regreso ás aulas
  • Sinala que o investimento en obras educativas na área de Vigo comprometido para este ano supera os 12,5M€

20210909CEIPDoblada

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, achegouse hoxe ata o CEIP A Doblada para acompañar ao alumnado no seu regreso ás aulas. Segundo apuntou, na área territorial de Vigo están matriculados 37.108 alumnos, dos que 22.299 corresponden aos centros educativos da cidade.

Segundo detallou, no que atinxe á comarca viguesa, 10.797 alumnos comezan este ano en Educación Infantil, 26.031 en Primaria e 280 en Educación Especial; 6.473, 15.640 e 186 no caso concreto dos centros escolares de Vigo.

Fernández-Tapias sinalou que atendendo ás necesidades xeradas a partir da pandemia da covid-19, a Xunta de Galicia mantén as plantillas de profesorado por riba das que había no curso 2019/20. En canto as medidas sanitarias, lembrou que nestas etapas mantéñense invariables respecto das do curso pasado, con grupos burbulla.

A matriculación do alumnado nos centros educativos dos 14 concellos dependentes da Delegación Territorial de Vigo para o curso 2021/22 é a seguinte:

Concello Ed. Infantil Ed. Primaria Ed. Especial

Baiona 220 513 0

Cangas 628 1543 3

Fornelos de Montes 14 47 0

Gondomar 408 690 0

Moaña 371 932 0

Mos 639 1592 0

Nigrán 48 366 48

Pazos de Borbén 39 98 0

O Porriño 465 1118 41

Redondela 548 1381 2

Salceda de Caselas 229 509 0

Salvatera de Miño 210 482 0

Soutomaior 187 548 0

Vigo 6473 15640 186

Importante esforzo inversor

Por outra banda, a representante autonómica aproveitou este inicio de curso para coñecer os traballos de substitución das cubertas e carpinterías que se están a executar no CEIP A Doblada, e nos que o Goberno autonómico está a investir preto de 139.000 euros.

Destacou así o importante esforzo inversor da Xunta de Galicia, que está a executar melloras en 65 centros da área territorial, por importe de máis de 3,8M€. Súmanse a outras catro, xa iniciadas con anterioridade e nas que a Administración autonómica inviste en conxunto máis de 1,5 millóns de euros, como é o caso da rehabilitación integral do IES Santa Irene ou a ampliación do IES de Salvaterra do Miño, se recibirán antes de que finalice este ano.

Asemade, vense de licitar por un importe superior aos 4,7 millóns de euros a rehabilitación integral do CEIP de Seara en Moaña, do IES Pino Manso do Porriño, do CEIP Infante Felipe de Borbón de Salvaterra e do Conservatorio Superior de Música de Vigo, así como a ampliación do vigués IES Alexandre Bóveda. Nesta área está previsto licitar un total de 13 actuacións, por impor de 7,2M€, o que eleva o investimento total na zona de Vigo a 12,5M€.

No que respecta á cidade subliñou que o conxunto das obras programadas ou en execución supera a vintena, sumando en conxunto máis de 3,4 millóns de euros. Neste sentido, aseverou que o histórico de inversións da Consellería de Cultura, Educación e Universidade converte a Vigo no concello de Galicia con maior investimento neste ámbito.

Na visita, a delegada da Xunta en Vigo estivo acompañada polo xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, César Pérez Ares, e parte do equipo directivo do centro escolar.

Deja una respuesta