Vigo, Galicia
Vigo

Después de dos años se ponen en marcha las nuevas escalera mecánica de la calle Talude

Este xoves á posta en funcionamento da escaleira mecánica da rúa Talude enmarcado no programa Vigo Vertical. A nova actuación, no barrio do Calvario, supón un investimento de 856.178 euros.

O alcalde remarcou que a intervención do Concello na rúa Talude propiciou a transformación total da zona ao pasar de ser unha vía estreita, escura e empinada, «cunhas escaleiras imposibles de subir porque eran empinadísimas», a unha «forma mecánica de subir con comodidade» e a contar con todo o ámbito «completamente humanizado». Abel Caballero destacou que a nova infraestrutura non xera emisións de gases de efecto invernadoiro: «Gases cero», incidiu.

O rexedor sinalou que o Concello incluíu na obra a reforma dun muro que dá seguridade ao tránsito de miles de persoas e alumnado do Colexio Mariano que cada día utilizan as escaleiras. «Este roteiro poderán facelo desde hoxe nunha escaleira mecánica ben acondicionada e cunha rúa marabillosa porque está con debuxos e pinturas, ademais de cadeiras para sentarse». Tamén sinalou que se mellorou a seguridade dos peóns con novos itinerarios contiguos, e que os usuarios contan con novo mobiliario urbano e zonas axardinadas.

O alcalde anunciou que de forma «inmediata» o Concello abordará a humanización da rúa San Roque e de Couto de San Honorato. «Por tanto, o conxunto da zona quedará humanizada e seguiremos modernizando a cidade».

A nova escaleira mecánica incorpora unha pérgola metálica acristalada con iluminación funcional e decorativa. A súa posta en funcionamento soluciona os problemas de mobilidade nunha zona conta cun desnivel de 8 metros e unha pendente do 30 por cento. Ademais, simplifica a conexión entre as rúas Urzáiz e o barrio de San Roque.

Caballero detallou que a actuación, que contou cun investimento de 856.178 euros, dos que 283.00 foron destinados a reconstruír o muro do colexio, serviron non só para construír a escaleira mecánica, senón para renovar a fixa con pedra do país. O rexedor apuntou que as obras conlevaron a instalación dunha nova rede de rega, así como de saneamento e pluviais, de iluminación led e a renovación e mallado da rede de abastecemento de auga.

O alcalde detallou que na parte alta, se humanizou a rúa Talude cunha plataforma única de formigón coloreado, permitindo crear unha rúa de oito metros de ancho pola cesión de 72 metros cadrados por parte do Colexio Mariano.

Deja una respuesta