Vigo, Galicia
General Vigo

Marta Fernández-Tapias, participa en los actos organizados por APAMP con motivo del día mundial de la parálisis cerebral

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participou hoxe nos actos organizados pola Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral (APAMP) no CEIP Pintor Laxeiro con motivo da conmemoración do Día Mundial da Parálise Cerebral.

Esta asociación, coa que o Goberno colabora estreitamente cofinanciando a construción do Centro Miguel Hernández e o Centro Integral de Navia, a través do concerto de prazas e con achegas para gastos de funcionamento e equipamento, presentou hoxe a súa campaña “168 horas”.

Deste modo, a través dun documental que leva este mesmo título, APAMP presenta ante a sociedade a realidade das persoas con grandes necesidades de apoio. Unha cinta na que explican á cidadanía cal son as carencias coas que batallan a diario e que precisan dunha cobertura e atención inmediata, así como os apoios que propician unha maior participación na sociedade.

Thumbnail 20211006ActoApampLaxeiro2

Deja una respuesta