Vigo, Galicia
Vigo

Marta Fernández-Tapias: “el apoyo de la Xunta fue determinante para que Galicia lidere la recuperación del turismo a nivel nacional”

A delegada territorial da Xunta en Vigo inaugurou hoxe a xornada “Desafío e oportunidades para a empresa turística” organizada pola Federación Provincial de Empresarios de Hostalería de Pontevedra

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, fixo hoxe fincapé na enorme capacidade de reacción da empresa turística nun contexto de incerteza marcado pola crise sanitaria da covid-19. Un complexo escenario no que considerou determinantes as ferramentas e liñas de axuda activadas pola Xunta de Galicia e que supuxeron preto de 130 millóns de euros.

“Son moitas as iniciativas que se están a despregar en Galicia para acadar os obxectivos que nos están permitindo liderar a recuperación do turismo a nivel nacional”, sinalou. No mesmo sentido, Fernández-Tapias destacou que “estamos poñendo Galicia de moda”.

A representante autonómica pronunciouse neste termos coincidindo coa inauguración este luns da xornada “Desafío e oportunidades para a empresa turística”, organizada pola Federación Provincial de Empresarios de Hostalería de Pontevedra (Feprohos) na Confederación de Empresarios de Pontevedra.

Fixo así referencia aos plans de rescate e as axudas específicas para equipamento, infraestruturas e dixitalización ou para paliar os efectos do peche do ocio nocturno. Tamén nomeou os programas de incentivo ao consumo como o exitoso Bono Turístico, o Elixe Galicia ou o Verán Outono Termal.

“Desde Galicia apostamos por vosoutros, e non foi unha opción, foi un exemplo do compromiso co desenvolvemento socioeconómico de Galicia e do turismo como acicate da recuperación na etapa postcovid”, apuntou.

Ademais, a delegada tamén agradeceu a implicación do sector da hostalería e o comercio de Vigo coa sinalización do Camiño da Costa nos establecementos para que os peregrinos poidan guiarse no centro da cidade. “Grazas pola vosa valentía, a iniciativa foi un éxito e a a vosa implicación permitiu paliar a falta de sinais nas rúas”, apuntou Marta Fernández-Tapias.

Deja una respuesta