Vigo, Galicia
General Vigo

Marea de Vigo denuncia que Vitrasa vuelve a provocar un conflicto laboral con el personal utilizando la amenaza de uno descuelgue salarial para conseguir más recursos del ayuntamiento.

“Esta situación está diretamente relacionada coa irresponsabilidade política dun alcalde que decide ampliar unha concesión sen ter previsto cal vai ser o sistema de compensación coa concesionaria para substituír o sistema previo á prórroga, e do que emana o prezo do billete”.

Rubén Pérez.

Para Marea de Vigo, a deixadez previa xunto á escusa da COVID e da situación económica producida pola pandemia fixo que o Goberno local ampliara a concesión do transporte urbano en cinco anos máis, sendo a súa data de finalización no pasado ano 2019. “O que non se informou naquela altura – matizou Rubén Pèrez – foi que nesa ampliación de cinco anos eliminouse o sistema co que se compensaba históricamente a VITRASA polos custos da explotación do servizo”. É dicir, garantizábanse vinte millóns de pasaxeiros/as anuais, con todas as actualizacións que foron implicando os novos servizos (como as lanzadeiras ao CUVI ou os servizos ao Hospital Álvaro Cunqueiro) de xeito que se non se chegaba a esa cifra, o Concello tiña que compensar automáticamente á concesionaria. “Mais coa ampliación deses cinco anos, o que desaparece é ese sistema, volvendo ao sistema do contrato do ano 94, que contén unha fórmula mediante a cal VITRASA imputa directamente todos os custos” explica o voceiro na rolda de prensa ofrecida hoxe.

A imputación dos últimos custos, “algún deles ridículo como a carta coa cara de Abel Caballero a todas as viguesas e vigueses para anunciar a pass Vigo, así como a pronta renovación e compra de autobuses, aínda tendo a posibilidade de facer renting como fan ducias de cidades no conxunto do estado, fixo que o prezo do billete subira considerablemente, baixo esa fórmula do 94” sinalou Rubén Pérez.

“O que hai agora enriba da mesa é que VITRASA di que o billete debe costar moi probablemente por enriba do euro cincuenta, e que obviamente o Concello de Vigo non lle pode dicir á veciñanza que o prezo do billete do autobús vai aumentar de tal forma” incide o voceiro. E, nesa negociación, “a empresa volve a utilizar ao persoal coa posibilidade dun descolgue salarial argumentando que a concesión non é rentable” engadiu.

Deja una respuesta