Vigo, Galicia
General Portada

Marta Fernández-Tapias, destaca el bono activa comercio como instrumento dinamizador del sector, con cerca de 14.000 beneficiarios en el área de Vigo

  • A delegada territorial en Vigo sinalou, nunha visita aos establecementos comerciais da zona de Centro Príncipe, que xa son 547 os establecementos adheridos na comarca
  • Lembra que esta iniciativa forma parte do Plan de medidas específicas de apoio ao comercio galego que ten como principal obxectivo incentivar o consumo e apoiar a modernización do sector a través da dixitalización e o comercio en liña

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, destacou hoxe a grande aceptación que esta a ter o Bono Activa Comercio, con 13.789 beneficiarios e 547 establecementos adheridos na comarca viguesa.

Neste contexto, a representante autonómica remarcou o compromiso do Goberno galego co comercio de proximidade con medidas de apoio ao consumo por 21 millóns de euros. “Tras un ano extremadamente difícil para o sector por mor da pandemia tíñamos que reaccionar de maneira inmediata”, dixo. Así, defendeu a capacidade do Bono Activa Comercio como instrumento dinamizador, xa que permite ao tempo incrementar as vendas do comercio e outorgar unha maior capacidade de compra aos consumidores.

Durante unha visita aos establecementos comerciais da zona de Centro Príncipe adheridos a esta iniciativa, que suma na cidade 315 comercios e 9.104 consumidores que contan co bono desconto de 30 euros, a delegada recordou que forma parte do Plan de medidas específicas de apoio ao comercio galego, co que a Xunta de Galicia busca impulsar axudas que incentiven o consumo e favorezan a modernización do sector a través da dixitalización e o comercio en liña.

Así, tras precisar que este programa conta cun orzamento de 10 millóns de euros e pretende mobilizar 55 millóns, Fernández-Tapias recordou que os establecementos que se queiran adherir á campaña aínda teñen de prazo para apuntarse ata o vindeiro 31 de maio.

Axudas á dixitalización

Dentro do marco das actuacións postas en marcha durante este ano pola Xunta de Galicia para axudar á reactivación económica, Fernández-Tapias recordou que aínda está aberta ata o 4 de xuño a convocatoria de axudas á dixitalización comercial, unha

liña específica coa que o Goberno galego, explicou, busca impulsar a modernización do comercio e a artesanía en Galicia. A iniciativa, que conta cun orzamento de 5 millóns de euros -un 31,6% máis que o ano pasado- vai dirixida a todos aqueles establecementos e obradoiros que queiran afondar no comercio por internet, adquirir novo equipamento e participar en feiras dixitais.

Deja una respuesta

Hide picture