Vigo, Galicia
General Vigo

Marta Fernández-Tapias cifra en 5 millones de euros las obras en ejecución o ya licitadas en los centros escolares de Vigo

  • A delegada territorial da Xunta en Vigo supervisou hoxe os traballos que se están a acometer no CEP Celso Emilio Ferreiro e o CEP Plurilingüe Igrexa Valadares
  • Indica que os orzamentos autonómicos para 2022 recollen 900.000 euros para a reforma integral do Conservatorio de Música e 150.000 euros para proxectos de ampliación no CIFP Manuel Antonio, CIFP Valentín Paz Andrade e o IES de Navia

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, cifrou hoxe en preto de 5 millóns de euros as obras de mellora que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade ten en execución ou vén de licitar en varios centros escolares de Vigo.

Fíxoo con ocasión dunha visita ao CEP Celso Emilio Ferreiro e o CEP Plurilingüe Igrexa Valadares onde puido comprobar o avanzado estado dos traballos que se están a realizar nestes dous centros. No primeiro caso, tal e como informou, instalarase un ascensor co obxectivo de facilitar a accesibilidade ao alumnado con mobilidade reducida. No segundo, as obras céntranse no pavillón deportivo cun conxunto de actuacións que, dixo, “suporán unha importante mellora desde o punto de vista enerxético”.

Tras sinalar que Vigo é a cidade á que o Goberno galego vén destinando a maior inversión en materia educativa de Galicia, a representante autonómica indicou que os orzamentos do 2022 recollen partidas tan importantes como os 900.000 euros que se destinarán a reforma integral do Conservatorio Superior de Música de Vigo (1,2M€). Asemade, reflicten outras dotacións específicas para a redacción de tres proxectos de ampliación nos CIFP Manuel Antonio, CIFP Valentín Paz Andrade e o IES de Navia. Respecto a este último centro, Fernández-Tapias recordou que a Xunta mantense á espera de que o Concello de Vigo poña a disposición os terreos necesarios para a súa construción.

Neste sentido, avanzou que este ano remátanse ou recíbense outras obras en centros da cidade, por importe de máis de 1,3 millóns de euros, entre elas a rehabilitación integral do IES Santa Irene ou as cubertas do instituto Castelao.

Xa por último, referiuse ao inminente inicio da rehabilitación integral do IES San Tomé de Freixeiro na que se investirá 1 millón de euros.

Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica

Todas estas actuacións enmárcanse no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta do Goberno galego para transformar os centros educativos ás novas necesidades post-pandemia, e que conta cun orzamento de 191M€ para o período 2021-2024.

O obxectivo é deseñar un novo modelo de escolas, con espazos flexibles, adaptados a calquera circunstancia, equipados e cómodos, dando resposta ás novas necesidades educativas, sanitarias e tecnolóxicas. En definitiva, unha arquitectura con valor engadido, que se pon ao servizo das necesidades da educación do século XXI desde un punto de vista académico (retos tecnolóxicos e de inclusión), dotacional e de sustentabilidade.

Thumbnail 20211103CelsoEmilioFerreiro

Deja una respuesta