Vigo, Galicia
Vigo

El Ayuntamiento de Vigo ordena el desalojo de dos edificios de la rúa Fisterra por riesgo de incendio

  • O Concello de Vigo quere comunicar que esta mesma
    mañá ordenou aos propietarios dos edificios números 11 e 13 da rúa Fisterra proceder ao
    inmediato desaloxo e ao corte de subministro eléctrico co fin de evitar o risco que supón para
    a seguridade dos moradores o deficiente estado no que se atopa a instalación eléctrica. O
    Concello procedeu así ao baleirado e precintado de xeito temporal destes edificios
    seguindo criterios de seguridade e deu traslado desta resolución á Policía Local, á área de
    Benestar e á de Medioambiente.
    Nos inmobles residen nestes momentos 42 persoas, en réxime de alugueiro, ás que o
    Concello prestará unha atención integral e individualizada ofrecéndolles alternativa
    residencial temporal en hostais ou hoteis da cidade. As persoas en situación de especial
    vulnerabilidade recibirán a atención axeitada ás súas circunstancias. O Concello garantirá a
    tódalas persoas trasladadas o pago das pernoctas durante o tempo do desaloxo. Trátase
    dunha situación transitoria na que os propietarios deben solucionar a situación de perigo.
    A actuación actívase logo da reclamación dunha das residentes -o 10 de outubro de 2023-,
    que motiva a visita aos inmobles de persoal de Urbanismo que comproba, o martes 17 de
    outubro, que a instalación eléctrica está en mal estado e xera riscos de seguridade para os
    moradores. As propiedades dos edificios tiñan varias resolucións de Urbanismo de datas
    anteriores e executaron as medidas urxentes que lles foron esixidas. En todo caso e dado que
    non acometeron outras melloras de conservación, se lle impuxeron multas coercitivas en
    diferentes ocasións, a ultima delas, a principios de este mes de outubro.
    Na visita realizada o día 17 deste mes non se observou ningún perigo estrutural do edificio, pero
    si na instalación eléctrica dentro das vivendas. Dado o incumprimento destas resolucións
    previas, tómase a medida de desaloxo e corte de subministro eléctrico por seguridade e
    instamos á propiedade a renovar a instalación eléctrica, extremo que deberá ser acreditado
    por un técnico, para garantir que os edificios reúnen as condicións para volver ser habitados.
    No dispositivo participaron axentes da Policía Local, unha traballadora social do Concello para
    ofrecer información aos residentes das solucións habitacionais existentes e persoal da área
    de Medioambiente para prestar a atención precisa aos animais que residen no inmoble.
    Amais, ofrecemos solucións de transporte para as persoas que precisasen trasladar as súas
    pertenzas.

Deja una respuesta

Hide picture