Vigo, Galicia
Cultura Galicia Vigo

Marta Fernández-Tapias anuncia el concierto del galego Fredi Leis en Vigo dentro de la programación del Xacobeo 21-22

A delegada territorial da Xunta en Vigo avanza que o cantante actuará o vindeiro 25 de novembro (21:00 horas) no Teatro Afundación

O cantautor compostelán, teloneiro de artistas como Rozalén, Malú ou Alejandro Sanz, presentará o seu novo álbum: “Temas privados”

– A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, anunciou este martes unha nova data da programación musical dos Concerto do Xacobeo en Vigo. Trátase da actuación do cantautor compostelán Fredi Leis, que presentará o vindeiro 25 de novembro (21:00 horas) no Teatro Afundación o seu novo álbum “Temas privados”.

As entradas para este novo evento do Xacobeo 21-22 sairán á venda na plataforma www.ataquilla.com este 15 de setembro ás 10:00 horas. A representante autonómica destacou a presenza do artista como un novo atractivo cultural para a cidade. “O Xacobeo seguirá moi presente en Vigo durante os últimos meses do ano e aínda quedan varias citas para desfrutar da música”, sinalou.

Frei Leis lembrará éxitos de traballos anteriores e presentará, por primeira vez en directo, o seu novo disco “Temas Privados”, un proxecto con 10 cancións inéditas como ‘La Novena’, ‘Deja Vu’ ou ‘Nivel Experta’. Cun directo espectacular, o galego esgota localidades alá onde actúa, sendo teloneiro de artistas como Rozalén, Malú ou Alejandro Sanz.

Mayumaná y Fito y Fitipaldis

Ademais, Fernández-Tapias destacou que este vindeiro domingo (21:00 horas) pecharase o Ciclo Xacobeo Vigo coa actuación do grupo Mayumaná no Auditorio Mar de Vigo. Tamén no mesmo escenario estará o grupo Fito y Fitipaldis o 28 de outubro (21:30 horas), tamén dentro da programación dos Concertos do Xacobeo.

Deja una respuesta