Vigo, Galicia
Vigo

El BNG de Vigo denuncia irregularidades en las obras de la gasolinera en el Pontillón

  • A fronte nacionalista reitera a solicitude de acceso á documentación municipal despois do cambio da empresa construtora e pola falla do informe preceptivo de Patrimonio

Xabier P. Igrexas: “Resulta evidente que non se ten valorado o impacto de chantar unha gasolineira a poucos metros de vivendas e a súa afectación tanto patrimonial, co parque de Castrelos, como ambiental, co río Lagares”

O Bloque Nacionalista Galego denuncia irregularidades nas obras para instalar unha gasolineira de baixo custo no Pontillón, proxectada a carón de vivendas e a escasos metros do parque de Castrelos e do río Lagares. A fronte nacionalista vén de reiterar a solicitude de acceso á documentación municipal por carecer de informes preceptivos como o emitido pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e despois de detectarse un cambio na empresa construtora.

Así o manifestou este xoves o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, quen afeou á concelleira de Urbanismo que aínda non dera resposta á demanda nacionalista de suspender da licenza outorgada para a revisión do proxecto. “Resulta evidente que non se ten valorado, en base á normativa, o impacto de chantar unha gasolineira a poucos metros de vivendas e a súa afectación tanto patrimonial como ambiental”, advertiu.

Igrexas cuestionou tamén a falla de explicacións da edil de Urbanismo tras ser interpelada polo Bloque sobre posíbeis cambios no expediente da licenza, despois de que a empresa construtora que iniciou a obra se retirase nas últimas semanas e fora substituída por outra que está traballando incluso en horario nocturno. Sobre a mesma, o portavoz nacionalista advertiu de que se nega a facer visíbel o rótulo coa licenza municipal que autoriza a obra.

Uns cambios na execución dos traballos dos que non ten constancia a Xerencia Municipal de Urbanismo, segundo recoñeceu o organismo á propia veciñanza afectada. “Esta situación de querer forzar a toda velocidade a instalación da gasolineira provocou mesmo que se tivese que comparecer a Policía Local para levantar atestado”, alertou Igrexas. Aliás, veciñanza da contorna denunciou esta mesma semana problemas derivados das obras, entre eles o asolagamento dun camiño e de parcelas contiguas.

Diante destas irregularidades, o BNG vén de reiterar a solicitude de acceso a toda a documentación municipal relativa á gasolineira no Pontillón, así como aos atestados e informes elaborados nas últimas semanas. Nesa mesma liña, volverán interpelar á concelleira de Urbanismo para que explique os motivos de que o Goberno de Abel Caballero “actúe en beneficio de Plenoil en contra da veciñanza e do interese xeral”.

Deja una respuesta

Hide picture