Vigo, Galicia
Vigo

Marea de Vigo traslada todo el apoyo al gobierno local y a la gerencia de urbanismo hacia el recurso de la sentencia del tsxg que anula la modificación del pepri del casco vello en el ámbito de la panificadora.

Rubén Pérez: “O único que hai detras desta sentenza é o interese particular de volver co pelotazo da Panificadora”.

Para a Marea de Vigo, é “unha obviedade” que detrás da sentenza do TSXG que anula a modificación do PEPRI do Casco Vello no ámbito da Panificadora, “revestida” coa carencia de aprobación dunha modificacion puntual do PXOM do 1993, “non hai ningún interese en que se cumpra unha norma urbanística, nin sobre o propio proceso administrativo, senón o interese especulativo dos propietarios privados dos terreos da Panificadora” sinala Rubén Pérez, voceiro do Grupo.

No ano 2003, o Goberno local naquela altura – presidido polo BNG e apoiado polo PSOE – decidiu asinar un convenio urbanístico que foi posteriormente incorporado ao PXOM do 2008 no que se propoñía un uso para vivendas dun mínimo do 50% a un máximo do 90%, “é dicir, a un espazo que podería ser público pretendían darlle un uso maioritario para vivenda especulativa no centro da cidade” engade Rubén Pérez. “Ese convenio urbanístico é o que están pretendendo ‘repoñer’ os propietarios dos terreos, volvendo ao capítulo anterior daquel goberno que pretendeu, xunto co ámbito do Barrio do Cura, levar a cabo o gran pelotazo urbanístico no centro da cidade”.

Agora, coa sentenza do TSXG enriba da mesa, “o Concello de Vigo debe manter a postura da utilización do espazo da Panificadora para usos 100% públicos, tal e como foi aprobado por unanimidade no Pleno” matiza o voceiro.

Marea de Vigo considera que o Concello de Vigo debe recurrir a devandita sentenza “para que non se poida volver a especular cos terreos da Panificadora, e para que Vigo teña unha dotación pública e un gran centro cultural no centro da cidade” conclúe Rubén Pérez.

Deja una respuesta