Vigo, Galicia
General Vigo

Marea de Vigo solicita formalmente la constitución de la comisión de vigilancia de la contratación para fiscalizar el contrato de transporte urbano tras la nueva inyección de recursos públicos.

Marea de Vigo considera unha eiva democrática que esta Comisión, que é unha Comisión de Pleno de obrigatoria constitución non queira ser constituída polo Goberno local e lembra que “as mesas de contratación non poden ser sustitutivas dunha Comisión de Seguimento obrigatoria do Pleno” sinala Rubén Pérez.



Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal, afirma que “teñen que darse moitas explicacións dos motivos e dos conceptos económicos polos que VITRASA vai ser indemnizada pola perda de viaxeiros/as pola situación de pandemia” pero ademais, segundo recalcan desde o Grupo municipal, “contando tamén cunha ampliación concesional de cinco anos polos mesmos motivos”. “Unha dobre indeminización que terá que ser explicada de xeito minucioso en canto a conceptos e importes, polo que unha Comisión de Vixilancia da Contratación, que ademais é obrigatoria constituír, é o mecanismo de traballo democrático e aclaratorio convinte” matiza o voceiro.

Marea de Vigo lamenta que nin na lexislatura anterior nin nesta constituíuse a devandita Comisión, a cal, “entre as súas funcións – explica Pérez -, está a de analizar e fiscalizar a actividade contractual da Administración municipal para entre outras cousas garantir a aplicación efectiva dos principios de publicidade, libre concorrencia, obxectividade e eficacia na contratación pública, así como as cuestións de seguimento dos contratos xa constituídos”.

Marea de Vigo cualifica como “endemoniado” o contrato do transporte público en Vigo, “xa que as sucesivas decisións de ampliacións de servizo: lanzadeiras ao CUVI, bonobús, tarxetas verde ou PassVigo, ampliación de rutas ou renovación de flota fixeronse con decisións erróneas como garantir un flotante anual fixo de vinte millóns de pasaxeiros/as ou ben permitir amortizacións anuais sen control exhaustivo por parte do Goberno local de se as imputacións ao amortizable eran realmente prioridades necesarias ou puro oportunismo político inagurable” relata Rubén Pérez. Marea de Vigo xa expresara a súa disconformidade coa aplicación do criterio de ampliación da concesión durante 5 anos máis, “existindo mecanismos para indemnizar a empresa que non pasaran pola ampliación dun contrato obsoleto cuxas fórmulas de cálculo do billete son totalmente desfasadas” matiza o voceiro.

“É fundamental reformular tanto a ampliación como o sistema de indemnizacións á concesionaria e abrir a posibilidade da remunicipalización do servizo – insiste Rubén Perez -. Vigo é das poucas grandes cidades onde non hai participación pública no transporte urbano colectivo, existindo cidades cuxa titularidade é 100% pública e outras nas que a participación da administración local é importante”. Pola contra, “en Vigo temos unha empresa privatizada desde vello, que pasou por varios procesos de venta a grupos inversores extranxeiros, tendo estado en mans dun grupo chinés e na actualidade, dun grupo inversor mexicano” engade.

“O feito de que o servizo de transporte en Vigo estea concesionado a unha empresa privada non exime ao Concello de realizar un seguimento exhaustivo do funcionamento do mesmo, que fiscalice cada decisión administrativa e o seu custe efectivo nos orzamentos municipais. Ese espazo é a Comisión de Seguimento e Vixilancia da Contratación Pública que vimos de demandar sexa convocado de inmediato” conclúe o voceiro.

Deja una respuesta