Vigo, Galicia
General Portada

MAREA DE VIGO PIDE QUE A PROPOSTA DO MINISTERIO DE FACENDA PARA O USO DOS REMANENTES SEXA ASUMIBLE PARA OS CONCELLOS.

 Marea de Vigo coñeceu hoxe, a través do vicepresidente da FEMP, Pedro del Cura, o aprazamento da Xunta de Goberno Extraordinaria da FEMP prevista para o día de hoxe, “tras o claro posicionamento do conxunto das forzas políticas sobre a necesidade de retirar a proposta de acordo entre a FEMP e o Ministerio de Facenda”. Esta proposta foi “literalmente colocada enriba da mesa – sinalou Rubén Pérez – xa que non houbo vontade negociadora por parte do Ministerio de Facenda de emendar unha proposta que significa unha incautación de recursos municipais e un grave incumprimento tanto dos acordos de investidura entre o PSOE e o Grupo de Unidas Podemos como dos anuncios de Abel Caballero sobre o uso dos remanentes e o superávit”. 

Marea de Vigo celebra que os feitos obriguen a abrir un periodo de negociación no que o Ministerio de Facenda terá que trasladar unha proposta alternativa que non pase polas limitacións expostas nos últimos días. “Pedimos que este aprazamento sirva para buscar un consenso entre os municipios do estado, consenso que ten que darse na FEMP con independencia da cor política dos gobernos das diferentes institucións municipais” avogou o voceiro municipal.

“Seguimos mantendo que é posible eliminar o teito de gasto para os concellos, é posible utilizar racionalmente os recursos que teñen os concellos en entidades bancarias e tamén é posible que os concellos poidan facer uso dos máis de 149.000 millóns de euros que van vir de Europa para a reconstrución económica post covid” insistiu Pérez.

Rubén Perez apelou aos concellos “como grandes olvidados da democracia”, institucións que “agora teñen un mecanismo forte de negociacion desde a FEMP, existindo a posibilidade real de poder negociar co actual Goberno”.

“Desde a Marea de Vigo imos seguir sostendo a nosa posición, coherentemente co expresado nos últimos anos sobre o uso dos recursos dos concellos. Para Vigo isto é fundamental, dado o nivel de remanente e de superávit que temos; non poder facer usos deses recursos pode supoñer un golpe para a economía da cidade” engadiu Rubén Pérez.

Deja una respuesta