Vigo, Galicia
General Portada

Marea de Vigo fai un chamamento ao goberno local para a inmediata posta en marcha da ordenanza de expropiación forzosa e o rexistro de soares ante o novo derrubamento no areal.

Rubén Pérez: “Afortunadamente o episodio de hoxe quedou nun incidente con soamente custos económicos, pero pódese reproducir en moitos dos edificios da cidade que están nesta situación. É preciso incorporar todas e cada unha das vivendas que teñan unha consideración urbanística como ruína ao rexistro e, se en dous anos non se resolve, o Concello debe expropiar con carácter urxente ese inmoble”.


Ante o recente desplome dun edificio abandoado na rúa Areal, afortunadamente sen danos humanos pola falta de actividade nas instalacións deportivas do Coliseum, Marea de Vigo esixe “volver a poñer enriba da mesa esta problemática”. O seu voceiro municipal, Rubén Pérez, lembra que isto volve a acontecer “tras repetidas ocasións nas que este Grupo municipal ten denunciado a situación de centos de inmobles en estado de ruína na nosa cidade e tras repetidas ocasións nas que se ignorou esta problemática por parte do Goberno de Abel Caballero”.

En Vigo hai ducias de edicificios cuxa rehabilitación é de obrigado cumprimento, así como de soares que se atopan na mesma situación, “constando só algúns deles no rexistro creado no Concello” matiza Pérez. “Non é soamente no Casco Vello ou en zonas onde estanse realizando obras de rehabilitacións integrais, – prosigue – senón que isto sucede en espazos que non forman parte de cascos históricos, onde esmorecen multitude de edicicios, con ruínas que xeran sistemáticamente denuncias da veciñanza e en moitas ocasións xerando ademais situacións de perigo xa que son utilizadas por persoas sen teito para gorecerse no inverno”.

Marea de Vigo insiste e reitera sobre o expresado nas emendas á Ordenanza de Expropiación Forzosa e ao Rexistro de soares, onde, segundo Rubén Pérez, “hai que incorporar todas e cada unha das vivendas que teñan unha consideración urbanística como ruína e, se en dous anos non se resolve, o Concello debe expropiar con carácter urxente ese inmoble pasando a titularidade, a través dunha indemnización, ao Concello de Vigo. Posterioremente, o Concello deberá sacalo a subasta para a súa reedificación” detalla o voceiro.

Marea de Vigo considera que “isto é urxente e inmediato para que non volvamos a vivir episodios como o de hoxe, que afortunadamente quedou nun incidente con simplemente custos económicos, pero que obviamente pódese reproducir en moitos dos edificios da cidade que están nesta situación, ben porque non hai acordo ou ben porque non se coñece, en moitas ocasións, quen é o titular dos mesmos” conclúe o voceiro municipal.

Deja una respuesta