Vigo, Galicia
Vigo

Luisa Sánchez PPdeVigo remarca a importancia de dialogar cos veciños de Coia para planificar o futuro dun barrio que se sinte abandonado polo goberno local

· A presidenta do PP de Vigo percorreu as rúas do barrio acompañada por veciños que protestaron recentemente para demandar un incremento de prazas de aparcamento e unha mellora do transporte urbano nesta zona

· “Caldas de Reis leva décadas esperando por unhas obras que non chegan mentres que se está humanizando por segunda vez Soutomaior porque na primeira se esqueceron de renovar as canalizacións”, sinala

18 de setembro de 2026. A presidenta do Partido Popular de Vigo, Luisa Sánchez, remarca a importancia de dialogar cos veciños de Coia para planificar o futuro desde barrio, que se sinte abandonado polo goberno local. “Piden melloras, pero tamén que se lles teña en conta porque ven como nas últimas semanas se cortaron ao mesmo tempo media ducia de rúas por obras sen ofrecer alternativas de aparcamento nin de circulación”, sinala.

A líder da oposición percorreu o barrio acompañada polos concelleiros Fernando González Abeijón e Daniel Benavides xunto a un nutrido grupo de cidadáns que xa mostraron a súa disconformidade co “abandono” de Coia con protestas públicas na rúa.

Entre as súas demandas está a necesidade de incrementar as prazas de aparcamento, unha planificación axeitada do tráfico nun barrio no que se atopan numerosos centros educativos e unha mellora do transporte urbano para atener ás necesidades dunha veciñanza cunha idade media moi elevada. “Están desesperados pola actitude do goberno local, que ignora desde hai anos as súas reivindicacións históricas”, indica Luisa Sánchez.

Non é a primeira vez que a dirixente popular escoita as reclamacións duns veciños que se sinten agora no foco dunha inminente campaña electoral con anuncios de inversión millonarias case todas as semanas pero que adolecen dunha planificación para o barrio, porque asisten a unha constante improvisación que se reflicte no olvido da rúa Caldas, en obras como as da rúa Soutomaior ou a desatención nos colectores de Redondela.

“Tan só hai que pasear uns minutos polo barrio para comprobar o mal estado de rúas como Caldas de Reis, que leva décadas esperando por unhas obras que non chegan mentres que se está humanizando por segunda vez Soutomaior porque na primeira parece ser que se esqueceron de renovar as canalizacións. Os contenedores subterráneos de Redondela fai anos que non funcionan en agora conviven con colectores tradicionais, ocupando un espacio que podería destinarse a aparcamento. E tamén comprobamos a falta de limpeza nas aceras de rúas como Baiona ou o abandono absoluto da Praza do Pobo e as zonas verdes do barrio”, enumera.

A situación chega ata o punto “surrealista” de que dende o Concello de Vigo se lles propuxo aos veciños que sexan eles os que digan cómo resolver os problemas estructurais do barrio. É dicir, a “desfachatez” do goberno local chega ao punto de que non os recibe para escoitar as súas demandas pero encoméndalles que “sexan eles os que poñan enriba da mesa cal é a solución”.

“Fai apenas uns días que xa subliñei que un bo xestor é o que soluciona problemas aínda que non fose quen os creara. Que tipo de xestor é entón Caballero cando leva gobernando 19 anos sen solucionar ningún dos problemas estructurais do barrio de Coia? Para que ou para quen goberna?

Luisa Sánchez PPdeVigo remarca a importancia de dialogar cos veciños de Coia para planificar o futuro dun barrio que se sinte abandonado polo goberno local
Luisa Sánchez PPdeVigo remarca a importancia de dialogar cos veciños de Coia para planificar o futuro dun barrio que se sinte abandonado polo goberno local

Deja una respuesta

Hide picture