Vigo, Galicia
Vigo

Luisa Sánchez «PPdeVigo» pide la comparecencia de Caballero ante un “posible amaño” en el contrato del transporte municipal con un “sobrecoste” de 7 millones para Vigo

· A presidenta do PP de Vigo aseverou que a competencia entre empresas está para protexer os cartos dos cidadáns, “non para escenificar concursos cun resultado que podería estar decidido de antemán”

· “Caballero presume de xestionar Vigo como ninguén, pero cando aparecen sospeitas sobre o maior contrato da historia da cidade, agóchase. Acaso 7 millóns lle parecen, como adoita dicir, unha miseria?

video
play-sharp-fill

A presidenta do Partido Popular de Vigo, Luisa Sánchez, pediu este martes a comparecencia de Abel Caballero para dar explicacións sobre as últimas revelacións publicadas nos medios de comunicación que apuntan a un “posible amaño” no contrato do transporte urbano de Vigo, suspendido polo goberno local dende setembro. “As informacións sinalan algo moi grave: que o maior concurso público da historia do Concello de Vigo está baixo sospeita e apuntan a un posible pacto previo na contratación do servizo municipal do bus urbano”, indicou.

A líder local do PP recordou que a licitación ascende a 470 millóns de euros por un periodo de dez anos e que o servizo está na actualidade prorrogado ata o vindeiro 30 de xuño. “470 millóns de euros para o transporte público están baixo a sospeita dun posible amaño. 470 millóns de cartos públicos. Non podemos permitir que o maior contrato da historia de Vigo acabe convertido no maior problema da contratación pública de Vigo”, aseverou.

Nunha comparecencia ante os medios de comunicación, Luisa Sánchez fixo referencia ás informacións xornalísticas que revelan que o informe do Instituto Galego do Consumo e da Competencia fala de “indicios fundados e con entidade suficiente para considerar que se produciron prácticas irregulares”.

En concreto, fai referencia a unha cadencia temporal coincidente por parte dalgunhas candidatas á hora de presentar as ofertas, que dúas empresas presentaron unha descrición idéntica nunha parte da proposta ou que, “aínda máis inverosímil”, que a oferta dun dos licitadores inclúe unha referencia a outra empresa competidora.

“Falando en linguaxe coloquial, fala dunha estrutura dificilmente atribuíble ao azar e compatible con que unhas empresas puidesen presentarse ao concurso sen querer gañar, simplemente por un posible interese en favorecer a outra empresa”, apuntou.

A presidenta popular resaltou que o informe revelado esta semana non é de agora, senón do mes de setembro, e lamentou a falla de explicacións por parte do goberno local nestes dous meses nos que o contrato do transporte municipal está “nun limbo”.

“SOSPEITAS SOBRE O MAIOR CONTRATO DA HISTORIA DA CIDADE”

“Caballero presume de xestionar Vigo como ninguén, pero cando aparecen sospeitas sobre o maior contrato da historia da cidade, agóchase. E xa non estamos falando únicamente de transparencia porque este posible pacto lle xeraría á cidade un sobrecuste de sete millóns de euros”, dixo.

Por tanto, preguntou se o alcalde socialista “vai a actuar ante este prexuizo á cidade Non vai defender sete millóns de euros que saen do peto de todos os vigueses? Ou é que sete millóns lle parecen, como adoita dicir el, unha miseria? Sete millóns de euros teñen moitos ceros para os vigueses e demasiado pouco peso para Abel Caballero, a xulgar polo seu silencio”, afirmou.

Luisa Sánchez aseverou que a competencia entre empresas nos contratos públicos está para protexer os cartos dos cidadáns, “non para escenificar concursos cun resultado que podería estar decidido de antemán”.

Deja una respuesta

Hide picture