Vigo, Galicia
General Política Vigo

El BNG llama en Vigo a comprar en el comercio local y a consumir productos gallegos

A fronte nacionalista realizou un reparto informativo no Calvario para presentar na cidade a campaña “Mellor local, mellor galego”

Xabier P. Igrexas: “O pequeno e mediano comercio é o que dinamiza a cidade, o que vertebra os nosos barrios e crea emprego estábel”

O Bloque Nacionalista Galego presentou hoxe en Vigo a campaña na que baixo o lema “Mellor local, mellor galego” chaman a mercar no comercio local e consumir produtos do País.

O concelleiro e candidato do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, e mais a deputada e portavoz de Comercio do BNG no Parlamento galego, Carmela González, xunto a responsábeis e militancia da fronte nacionalista realizaron esta mañá un reparto informativo na peonil do Calvario para, deseguido, presentar a campaña na tenda Banda Deseñada, instalada na rúa Portela.

Igrexas salientou que “o pequeno e mediano comercio é o que dinamiza a cidade, o que vertebra os nosos barrios e crea emprego estábel”, defendéndoo como un “sector estratéxico” para o desenvolvemento da cidade.

O candidato nacionalista criticou que “o comercio de Vigo sexa o único das sete grandes cidades galegas que non recibiu nin un só euro de axuda directa do Concello”, malia ter que sufrir as consecuencias derivadas primeiro da pandemia e agora da crise inflacionista. Nese mesmo sentido, lamentou que “nada se sabe” do proxecto cacarexado do “Amazon vigués”, unha plataforma dixital para a venda en liña do comercio da cidade, que foi anunciada por Abel Caballero en abril de 2020.

“A única decisión que tomou o Goberno de Abel Caballero foi rexeitar a proposta do BNG de poñer en marcha un bono consumo a nivel municipal, dotado con 3,5 millóns de euros, para axudar as familias de menores recursos e ao tempo promover o consumo no comercio local”, afeou Igrexas, que esta mesma semana volveu reclamar a convocatoria da Mesa Local do Comercio para elaborar, con todas as asociacións e federacións de comerciantes da cidade, un plan de apoio e promoción por parte do Concello de Vigo.

“O Goberno municipal de Abel Caballero insiste en maltratar o comercio de proximidade mentres patrocina grandes superficies”, reprochou Igrexas.

Deja una respuesta