Vigo, Galicia
Vigo

Luisa Sánchez (PP de Vigo) revela que el gobierno de Caballero perdió 1,5 millones más en fondos europeos por ser incapaz de ejecutar las obras prometidas en Bouzas

· A presidenta local do PP confirma que o Plan de Sostibilidade Turística da vila mariñeira é un “novo fracaso” do Concello de Vigo, que apenas logrou acometer en tempo e forma o 25 % das actuacións anunciadas

· Esta “enésima chapuza” supón a perda, en apenas unha semana, de 5 millóns de euros xa que se suma aos 3,5 millóns que non recibiu por ser incapaz de presentarse ás axudas estatais para subvencionar a Pass Vigo

video
play-sharp-fill

A presidenta do Partido Popular de Vigo, Luisa Sánchez, revelou que o goberno de Abel Caballero perderá outros 1,5 millóns procedentes de fondos europeos tras ser incapaz de xestionar en tempo e forma a subvención de 2 millóns concedida para o desenvolvemento do Plan de Sostibilidade Turística de Bouzas. “O PSTD de Bouzas é un novo fracaso de Abel Caballero e o seu goberno porque dos 2 millóns concedidos, tan solo foron capaces de executar, en tempo e forma, 500.000 euros, apenas un 25% do total”, informou.

A líder local do PP lembrou que xa no mes de agosto manifestou a súa “preocupación” pola execución deste plan, anunciado en múltiples ocasións polo alcalde socialista e nos grandes paneis instalados na vila mariñeira. “Xa entón revelamos que o Concello de Vigo renunciaba á instalación duns mupis informativos en Bouzas despois de perder os fondos europeos concedidos pola Xunta para tal fin”, manifestou.

Ese proxecto custaba 85.000 euros que se sumaba aos preto de 400.000 perdidos pola inexecución da humanización da rúa Pazo, “que agora pagaremos os vigueses dos nosos petos cando non tiñamos porque”. Ambas partidas formaban parte do groso de 2 millóns destinados ao Plan de Sostibilidade Turística de Bouzas, “un plan que xa vimos entón en perigo ante o incumprimento do Concello dos fitos esixidos na convocatoria”, manifestou.

Segundo consta no expediente municipal ao que tivo acceso o PP de Vigo, tampouco se acometeu o proxecto de mellora paisaxística e ambiental do casco histórico e litoral de Bouzas (500.000 euros) nin o cambio de luminarias por sistemas de baixo consumo, que contaba con outra subvención de 200.000 euros.

“Lamentablemente o tempo acaba por darnos a razón porque dos 2 millóns de euros concedidos, tan solo foron capaces de executar en tempo e forma 500.000 euros, apenas o 25 por cento do total”, afirmou Luisa Sánchez, que apuntou que “o resto, coma sempre, perdeuse pola incapacidade do goberno local de facer as cousas ben e antes do 30 de xuño pasado, que era cando venceu o prazo”.

CINCO MILLÓNS NUNHA SEMANA

A presidenta local do PP censurou que a perda de 1,5 millóns é a “enésima chapuza” do goberno socialista que se suma a outras moitas das que “xa case perdemos a conta”. “A penúltima foi fai apenas unha semana cando descubrimos que o Concello nin sequera se presentou ás axudas do ministerio para subvencionar a Pass Vigo neste 2026. 3,5 millóns de euros que nos terían que pagar e que xa non recibiremos”, lembrou.

Polo tanto, no prazo dunha semana, o grupo municipal popular descubriu e revelou a perda de 5 millóns de euros por parte do goberno local, uns cartos que “agora nos sacarán do peto aos vigueses a través dos impostos municipais”. “Esa é a realidade da xestión de Abel Caballero e do seu equipo. Incapaces, cada ano, de executar o seu propio orzamento municipal e incapaces tamén de cumprir coas subvencións e fondos europeos, que non deixa de perder. E ao final, quen acaba pagando todo isto? Pois coma sempre os vigueses”, concluíu

Deja una respuesta

Hide picture